O fará en Santa Mariña e diante da súa afición logo de case un mes coas bancadas baleiras. Falamos con Álex Doval.

Regresa a competición para o Club Deportivo Choco e o fai, ou polo menos case, da mellor maneira que poidera darse, na casa e arroupados pola afición redondelá nunha xornada na que se admite público nas bancadas, eso si con aforo limitado.

O Domingo ás 17.00 horas o CD Choco saltará ao campo para disputar a 17ª xornada da liga, no que recibe ao CD Estradense, logo dun fin de semana sen competir xa que non tiña partidos adiados. Ao respecto preguntámoslle a Álex Doval se esto pode afectar ou non ao equipo esta xornada na que case todos os equipos rivais competiron “penso que non, porque adestramos moi ben durante estas semanas e o equipo segue moi metido e coa mentalidade competitiva de seguir gañando” aínda que o xogador tamén recoñece que “é diferente competir que adestrar, pero hai que adatarse e aceptar o que nos ven”.

Centrándonos xa nesta xornada, o CD Choco recibe ao CD Estradense que chega a Santa Mariña cunha nova vitoria no seu haber tras xogar o partido adiado contra o Ourense CF ao que venceu por 2-0. Os estradenses posiciónanse no oitavo posto da táboa clasificatoria con 21 puntos. Pola contra o equipo redondelá chega con 25 puntos e no terceiro posto. Catro puntos de ventaxa e cinco postos de diferencia entre os dous conxuntos, aspecto que ven a demostrar o reñida que está a competición; polo que tanto unha vitoria coma unha derrota cambiará totalmente a mesma. De feito Doval comenta que “esta tempada está a ser un pouco rara en canto aos puntos, está todo tan igualado que aínda que estés posicionado nos postos altos non te podes relaxar”.  E sen relaxación reciben ao CD Estradense “é un equipo que compite moi ben, moi ben estructurado e que conta con moi bos xogadores. Penso que será un partido bastante intenso y competitivo pero nós temos que sair a xogalo coma se fose o derradeiro polo igualada que está a competición”.

No partido da primeira volta os dous equipos firmaran táboas cun resultado de 1 a 1, pero Doval ten claro que o domingo “intentaremos que os tres puntos non escapen de Santa Mariña” para elo a clave, según o xogador, estará en “materializar as ocasións que teñamos, porque somos un equipo ao que lle costa facer gol, e temos que estar acertados de cara ao gol e tamén estára en manter a cero a portería”.

O club deportivo choqueiro quere continuar inmerso na senda da vitoria por el eles, “aspiramos a estar nos cinco primeiros postos da clasificación” e pola afición “todos estamos a vivir unha época moi dura por iso sería moi bo poder dar unha alegría nestes tempos que corren que fai moita falta”.