A cita terá lugar o Domingo 8 ás 16.30 horas. Falamos co capitán choqueiro David Cortegoso “temos que disfrutar cada partido como se fose o último porque nunca sabes cando te van a 
parar

O balón volverá a rodar na cuarta xornada da Liga de Terceira División e o fará neste caso no Campo de O Couto, a onde viaxará o CD Choco para enfrentarse ao Ourense CF.

Os de Gonza intentarán sumar nun campo que asemella compricado. Se ben é certo que o equipo ourensá non tivo un bo comezo, pois aínda non logrou sumar no que vai de tempada. Mais non hai que esquecer que o equipo ourensá xogou o play off no curso anterior. Falamos ao respeto cun dos xogadores veteráns e capitán do equipo choqueiro, David Cortegoso “a verdade é que sorprende o comezo do Ourense CF pero tamén é certo que na pasada tempada tamén comezou perdendo os primeiros encontros e logo non volveu a coñecer a derrota, polo que penso que é unha situación circunstancial”.

A verdade é que, ao igual que o CD Choco, o Ourense CF é un bloque prácticamente novo, e quizáis lles esté a costar un pouco máis a compenetración do novo plantel, no que tamén, a diferencia do equipo redondelá, cambiou de adestrador. Cortegoso tamén pensa que “o parón por ter un positivo no plantel imaxino que lles está a pasar factura pois ao final esto corta a dinámica dos adestramentos e de todo”. Unha situación da que ninguén está libre de que lle aconteza tal é como está o contexto sanitario.

O CD Choco sumou catro dos nove puntos en xogo o cal Cortegoso valora “postivamente aínda que sí recoñezo que poderíamos ter algúns puntos máis sobre todo no partido contra o Ribadumia no que dúas xogadas a balón parado penalizáronnos ao marxe disto considero que o inicio da tempada é moi bo; unha remontada contra o Rápido e un punto contra un dos mellores equipos da categoría”. Polo tanto os resultados colleitados non lle preocupa porque “a dinámica do equipo é boa e porque vémonos ben na maneira de xogar, levamos a iniciativa en tódolos partidos e soemos ter o control do balón que é o que nos caracteriza”.

E todo isto nun contexto no que “os equipos témonos que adaptar porque a Liga é moi curta, pero ao final hai que basarse no de sempre, facerse fortes na casa, onde hai que sacar o maior número de puntos e lograr algún fóra para intenta non quedar na parte de abaixo da táboa clasificatoria. Ao final será a propia competición a que che pondrá onde te mereces ”.

Para Cortegoso o grupo no que compite o seu equipo “é o máis forte” e a sabendas da complexidade dos partidos asegura que no partido deste domingo “a clave estará en nós mesmos. Temos que ser valentes, atrevidos e en saber diferenciar canso se pode xogar e, obviamente, en non cometer erros”.

 A pesar das baixas importantes que acusa o equipo, aínda que hai que ver a súa evolución ao longo da tempada, Cortegoso asegura que o equipo chega ao Domingo “ben. O grupo está a traballar moi ben, tanto nos adestramentos como á hora de competir; polo que chegamos con boas sensacións”. E que para o capitán choqueiro “temos que disfrutar cada partido como se fose o último porque nunca sabes cando te van a parar”.