Mario García: “Unha vitoria sería moi boa e un punto tamén”.

O CD Choco viaxa este domingo a Santiago de Compostela para enfrontarse ao líder da categoría, a SD Compostela. Aínda que todo o plantel e consciente da complexidade do encontro o afrontan con “moitas ganas e no que intentaremos facer as cosas o mellor posible para intentar sacar algo positivo nese campo tan complicado”, comentanos Gonza, adestrador do equipo redondelano. Idea refrendada por un dos seus xogadores, Mario García “vai a ser complicado xa que nos enfrontamos ao líder porque o Compostela, como todalas tempadas, ten un plantel moi forte. Intentaremos sacar o que poidamos, unha vitoria sería moi boa e un punto tamén”.

Con esta será a segunda vez na que o bloque choqueiro se medirá a un líder, pois non hai que esquecer que cando Ourense visitou Santa Mariña o fixo como tal, e nin tan mal, a pesar de que o plantel vermello econtrábase nunha dinámica negativa de resultados, logrou sacar un punto nun partido no que merecera moito máis. Polo tanto, non sorprendería unha suma na cidade do Apóstolo, a pesar dos números que otorgan o favoritismo aos blanquiazuis, xa que non perderon ningún encontro no seu feudo, “é un reto pero nalgún momento terán que romperse esas estadísiticas e nós poidamos sacar algo positivo da nosa visita a San Lázaro”.

A verdade e que o partido deste domingo 22 as 17.00 horas é atraxente, un enfrontamento que os aficionados a este deporte non se querrán perder e “que a todo xogador gusta xogar”, asegura o míster. No campo mediranse o primeiro e quinto clasificado, e para os choqueiros “chega nun bo momento pola boa dinámica de dúas vitorias consecutivas”, nos comenta Gonza que engade “viaxamos cunha mentalidade positiva logo do bo partido e resultado da pasada xornada e sabendo que é o último esforzo antes do parón”.

 

Mario espérase un rival “cun bloque defensivo moi forte e diante tamén son moi bos, danlle importancia tanto á defensa como ao ataque, recibe moi poucos goles e aínda que se fala moito de Primo non hai que esquecer a Brais Abelenda, Josiño ou Hugo Rama”. Información suficiente para saber ca clave estará en “lograr entrar no noso xogo, facer o noso fútbol e estar cómodos durante o partido para poder crear ocasións e ter opcións para puntuar”. Aspecto no que incide Gonza “temos que estar moi concentrados e moi ben a nivel defensivo, a partir de ahí ter personalidade e intentar despregar o noso xogo para estar o máis cómodos posible”.

Aínda que a semana de adestramentos veuse condicionada pola climatoloxía, tendo que supender unha das sesión, Mario asegúrannos que “se algo caracteriza os adestramentos do CD Choco é a intensidade dos mesmos, o cal para mín é clave a hora de afrontar os partidos”. E intensidade non faltou. Como intensas está sendo a choiva nestes días en Galicia polo Gonza só espera que “o estado de terreo de xogo permítanos ver un gran partido”.

 O mister redondelano ten a disposición a todos os seus xogadores.