O Domingo ás 17.00 horas, competido duelo entre o RC Villalbés e o CD Choco.

Sen presión porque o obxectivo da tempada está logrado pero sí coa ilusión de seguir tendo posibilidades de conseguir unha das prazas que otorga o dereito de disfrutar a fase de ascenso; así é como está a afrontar o CD Choco esta segunda fase. Aínda que conseguir un dos boletos premiados non está sinxelo porque o Vilalbés e o Estradense seguen asegurando cada xornada as dúas prazas, as únicas que conceden tal dereito.

Ambolos dous equipos se sitúan na primeira e segunda posición con 43 puntos; dous máis co CD Choco, logo de colleitar un empate ante o Deportivo Fabril a pasada xornada. Por iso non será doado o partido que se lles presenta aos de Gonzalo Fernández, este domingo ás 17.00 horas en A Magdalena. Un duelo directo entre dous aspirantes; entrementes o Estradense visita Abegondo.

A falta de dúas xornadas, para rematar o campionato ligueiro, a deste fin de semana é fundamental; na que pode quedar definidas ou aseguradas algunhas posicións.

O CD Choco non viaxará so. Os siareiros choqueiros estarán alentando o seu equipo dende as bancadas lucenses xa que o club local permitirá o acceso ao campo ata completar o aforo permitido.