O Domingo ás 17.00 horas é a cita marcada entre o CD Estradense e o CD Choco para disputar o partido da vixésimo cuarta xornada da liga. Falamos con Yago Vázquez e Gonzalo Fernández, xogador e técnico redondeláns.  

Chega a xornada 24 e con ela unha nova oportunidade de seguir sumando, por cuarta xornada consecuitva, mais nesta ocasión o equipo redondelán o fai coa intención de que sexa de 3. Máis non o terán fácil, enfronte agárdalle un equipo, o CD Estradense, que está a facer unha boa tempada pese a ter a condición de recén ascendido. De feito, Yago Vázquez, xogador co que falamos esta semana, afirma que “o Estradense é un equipo que se non te din que é un recén ascendido, non o cres porque se supón que este tipo de equipos loitan por non descender e sen embargo están a 3 puntos de nós, e entendo que non desestimará a loita por meterse en play off”.

Efectivamente o CD Estradense ocupa a novena praza entrementres o CD Choco a oitava con 31 e 34 puntos respectivamente. Logo dunha nova semana de adestramentos Yago asegúranos que o equipo “chega ben a esta xornada” aínda que tamén recoñece que “urxen un pouco os tres puntos” non tanto a nivel clasificatorio senón para “darnos ese empuxonciño para que o traballo que facemos durante a semana e todo o que estamos a facer ben se reflexe nos puntos”. Polo que como cada fin de semana, viaxan a terras estradenses coa intención de acadar a vitoria.

Tres puntos dos 12 posibles foron os conseguidos polo plantel choqueiro, sendo nas tres útlimas xornadas nos que conseguiron as sumas. Yago encontra a explicación dos útlimos resultados en que “estamos a ter pequenos erros que nos condenan xa que nós, para meter gol, necesitamos infinidade de ocasións e percurtir na portería”.

 A igualdade de puntos, fainos pensar que o partido que disfrutaremos o domingo ás 17.00 horas no Campo Novo Municipal de A Estrada será moi reñido aínda que non será nada novo, visto o que se están a xogar todolos equipos “todolos partidos son competidos, todos os equipos che poñen problemas, a diferencia quizáis radique en que algúns teñen máis sorte ca outros. De feito, non hai ningún rival do que te podas fiar independetemente da praza que ocupe na táboa clasificatoria”. Gonza, técnico do CD Choco, ao respecto declara que “é un partido compricado porque o Estradense é un equipo moi traballado, que non concede moitas facilidades ao rival e que imprime un ritmo alto ao partido; polo que teremos que facer as cosas moi ben a nivel ofensivo para crear ocasións de gol”.

Buscamos a clave do partido xunto co xogador e partindo da base que está neles mesmos, a vitoria pasa por “cometer os menos erros posibles pois cada un deles supón un gol, penalízannos moito, polo que haberá que minimizalos, arriscar pouco, e intentar aproveitar as ocasións de gol”. Gonza pola súa parte é sabedor de que “teremos que facelas cousas moi ben para poder gañar alí, teñen moi boas individualidades, xogadores con moi bo manexo de balón e defensivamente moi fortes”.

De todas las maneiras e a pesar das dificultades que conleve o encontro, nin técnico nin xogador se resisten a pensar en non facturar os tres puntos pois como ben di Gonza “unha vitoria sería achegarnos moitísimo ao obxectivo e a pesar de que nesta segunda volta costa moito sacar puntos, temos que seguir encontrando esa fiabilidade que en parte pasa por sacar un bo resultado en A Estrada”.