O plantel choqueiro quere facer bo o punto colleitado ante o líder da clasificación a xornada pasada polo que terá que manter o nivel defensivo dos últimos partidos.

Unha xornada máis, un novo desprazamento e o mesmo obxectivo, tres puntos. O CD Choco afronta esta fin de semana un novo compromiso ligueiro. O plantel vermello batiráse en duelo co CD Arenteiro o domingo ás 16.30 horas no campo de Espiñedo.

Logo de conseguir un empate co líder da cateogría a pasada xornada, os xogadores choqueiros queren facer bo ese punto e chegan cos deberes feitos logo dunha semana de adestramentos. Saben, e deste xeito nolo comenta o técnico Gonza, que o partido  “estará condicionado polo estado do terreo de xogo” e asegura que a victoría estará máis próxima de aquel que “antes se adapte”. Para o míster será importante que o seu equipo conitnúe coa “fortaleza defensiva dos últimos partidos porque dende esto poderán volver a obtener bos resultados”.

O CD Arenteiro espera na novena posición da táboa clasificatoria, con dezasete puntos colleitados de tres vitorias, oito empates e tres derrotas a un CD Choco asentado na sexta posición con  ventidous puntos sumados de seis vitorias, catro empates e catro derrotas. Así as cousas espérase un partido competido.