Falamos con Álex Figueroa, quen debutou a pasada xornada. O partido disputarase o Domingo 
ás 17.00 horas.

Esta fin de semana o equipo Sénior viaxa ao Barco para enfrentarse ao equipo da localidade nunha xornada que se presenta moi importante para os dous equipos.  Nun grupo como é o Sur da Terceira División no que tanto os postos da permanencia como os que dan dereito a xogar o Play Off aínda están por definir. Entre estas dúas augas atópanse tanto o CD Choco que se sitúa en cuarta posición con 28 puntos e que a vitoria contra a UD Ourense doulle unha bocanada de aire para afrontar esta xornada, logo de dúas xornadas sen puntuar. Na mesma chega o CD Barco que se posiciona en oitavo posto con 24 puntos e pola contra ven de perder contra o Ourense CF.

Así as cousas falamos con Álex Figueoroa, un canterán redondelá que debutou nesta tempada co Sénior, no equipo que lle veu crecer como persoa e futbolista.

– Boas Álex, non podo comezar a previa sen preguntarche ¿cómo te sentiches no te debut a pasada xornada? a verdade é que me sentín moi feliz e emocionado. Era un obxectivo persoal o poder debutar e non me poido sentir máis contento de facelo na casa e gañando. Vou ter un bo recordo deste día.

– Ademáis xogaste os 90 minutos… ¿estiveches cómodo no campo? Sí, sentínme moi a gusto. Ao principio recoñezo que algo nervioso pero logo xa máis solto e con moita confianza. Os compañeiros arroupáronme moito é por iso estoulle moi agradecido.

– Esperas seguir mantendo esa titularidad no 11 de Gonza? eso depende do traballo da semana e do que sexa o mellor para o equipo. Eu só quero votar unha man sexa como sexa, si é de titular de titular e se ten que ser saíndo dende o banquillo así será.

– Entrando en materia, esta fin de semana tendes un importante duelo en O Barco. Unha longa viaxe en pro dos 3 puntos que se imprimen moi importantes para a aspiración do equipo… Sí, a verdade é que son 3 puntos moi importantes pola situación clasificatoria. Está todo moi apretado e agora apenas hai marxe para errar. Temos que ser precisos e non faiar.

– Aínda con todo sen definir, plaza no play off ¿descabellado pensamento? Todo pode pasar.  Ao final isto é fútbol e se eres regular podes chegar a optar a ese play off, por poder pode ser, claro que sí, pero primeiro debemos centrarnos en acabar entre os 6 primeros para ir facendo as cousas ben.

– Unha 4ª, 5ª e 6ª plaza moi reñida, pois tan só un e dous puntos de ventaxa, 6 equipos aspirantes a eses tres postos… Cómo o ve Álex? O vexo moi apretado e competido, e penso que precisamente isto dalle moita vida á Liga e a nós pois fainos manternos a alerta sempre e non baixar o nivel.

– Insistindo nesta idea, o CD Barco é un dos equipos implicados, polo que sería importante puntuar na súa casa para aumentar a ventaxa con respecto a eles… Por supuesto que sí, pero é un rival duro que na súa casa é moi difícil, polo que penso que temos que intentar conseguir un resultado positivo para deixalos xa por debaixo definitivamente.

– Cómo afrontades este partido? Con moitas ganas. Logo de gañar a moral sube e queres que siga así para encadear unha boa xeira de resultados.

– Falame do rival… creo que non están a pasar un bo momento, pero en canto a nivel no se lles nega que o teñen e que agora, co cambio de adestrador, tenrán un plus de intensidade que o fará perigoso.

– Onde crees estará a clave do partido? En non cometer erros, porque cando te estás a xogar algo estes sempre te penalizan moito, e ser o máis seguros e fiables tanto nun área coma na outra pois será o que decante a balanza para un lado o para outro.

– A vitoria da semana pasada axudou na confianza do equipo? Penso que nos fixo ver a nosa capacidade. En partidos anteriores perdimos puntos por falta de acerto, xa fora de cara ao gol ou defensivamente, pero o que sí nos quedou claro é que podemos plantarlle cara a calquera rival. Sempre senta ben gañaar de maneira contundente.