O plantel redondelano viaxa este sábado a O Carballiño para o choque contra o CD Pontellas; ás 16.30 horas no campo de San Campio. Falamos como míster choqueiro, Gonza: “o obxectivo desta primeira volta é sacar o maior número de puntos posibles”

Unha xornada máis e polo tanto unha nova oportunidade para o CD Choco de seguir sumando e manterse nos postos altos da táboa clasificatoria. O equipo redondelano xogará as dúas próximas xornadas coma visitante, máis a primeira delas, terá lugar este sábado ás 16.30 horas contra o CD Pontellas.

Os de Gonza chegan a duodécima xornada en sexta posición con 20 puntos a tan só un dos postos de play off. Aínda que non é o tempo de mirar tan lonxe porque “estamos a buscar a mellora no noso modelo de xogo, en dar o noso mellor nivel e en sacar o maior número de puntos posibles nesta primeira vuelta” comentanos o técnico de mougás aínda que tamén recoñece a importancia de “sacar os tres puntos en Pontellas xa que daríamos un paso moi importante”.

En fronte esperaos un equipo, decimocuarto na clasificación, que leva xa tres xornadas degustando o malsabor das derrotas por iso os choqueiros atoparánse cun bloque sendento de victoria. Consciente de tal realidade Gonza asegúranos que “vai a ser un partido complicado” xa que se torna un duelo moi igualado en tanto que ámbolos dous son “equipos aos que lles gusta ter moito o balón e creo que faráse coa victoria aquel que se atope máis cómodo co esférico”, apunta Gonza. Razón suficiente para que o míster e os seus estén a preparar o partido co obxectivo de “intentar ter o balón e levar o xogo ao noso terreo. Vamos a competir como o levamos facendo ata agora, da mellor maneira, seguindo a línea que levamos para seguir medrando”.

Esta tarde o plantel vermello terá a súa derradeira sesión de adestramento antes do encontro, logo dunha semana na que estiveron “recuperándose do esforzo que fixemos o domingo xa no só polas condicións climatolóxicas senón porque o equipo que tíñamos diante esixiunos moito”. O equipo viaxa a Pontellas “con moitas gañas de sacar o 3 puntos”, asegura Gonza.