Mañá martes ás 17.00 horas o plantel choqueiro enfrontaráse ao UD Ourense no Municipal de OCouto.

Mañá marte, 8 de Decembro, o CD Choco desplázase a terras ourensás para disputar o partido da novena xornada de Liga contra o UD Ourense. Un partido compricado que faise aínda máis difícil pois en a penas 3 días o equipo choqueiro disputará dous encontros. E que o calendario así viña marcado e así hai que aceptalo; unha tónica á que terán que acostumarse os xogadores pois este ano haberá partidos entre semana, polo tema dos aplazamentos por motivo da COVID -19.

Si xa de por sí non é sinxelo planificar unha tempada ao uso, moito máis compricado e facelo  cun calendario tan compricado e coa incertidume como fiel compañeira, pois ninguén sabe se poderá disputar os compromisos correspondentes. Os test aos que están sometidos os clubes asemellan á lotería do Nadal, nunca sabes se che vai tocar algún afectado no equipo ou no equipo rival.

Así as cousas esta semana o plantel choqueiro, logo de xogar o sábado volve esta tarde os adestramentos para prepar o choque de mañá ás 17.00 horas no Couto. Falamos con Yago Vázquez o xogador choqueiro que nos asegura que o equipo “chega ben ao partido en tanto e canto non temos ningunha baixa. Estamos ben físicamente o cal é fundamental debido precisamente a estas xornadas tan seguidas”.

O CD Choco chega á novena xornada cun punto máis no seu haber, “todo o que sexa sumar é bo; o importante é sacar puntos de cada partido porque ao final de ano seguro che da cousas”, afirma Vázquez, logo do empate contra o Alondras CF do que opina que “foi un partido moi competido no que ben pudimos tanto ganar coma perder”. Posicionado en 5º lugar da táboa clasificatoria con 12 puntos e un partido menos. Entrementres o rival ao que visita sitúase no décimo lugar con 7 puntos e chega sedento de vitoria logo de perder a pasada xornada contra o Ourense CF por 3 goles a 1.

Preguntámoslle a Yago sobre o equipo Ourensá e non dubida en asegurar que ten un plantel con grandes xogadores e experimentados “como Champi, Alfredo ou Hugo Vázquez” e que “sempre poñen as cousas moi difíciles. É un equipo que depende como teña o día, che pode pór todo boca abaixo en nada” por iso cree que “debemos de viaxar coa mentalidade de sacar algo positivo”.

O CD Choco visita o Couto nunha xornada na que albergará a 1000 siareiros, unha ventaxa para o equipo local nun campo “moi compricado pois é unha superficie que non é como a nosa e nótase moito nas dimensións, bote de balón; etc”. Aínda así non son excusas, asegúranos o xogador choqueiro que se algo ten claro é que á clave para sacar algo positivo este martes é “non cometer erros porque sempre son aproveitados polo rival e nós aproveitar todos aqueles que cometan eles e sobre todo ser capaces de materializar esas ocasións”.

Mañá ás 17.00 horas UD Ourense vs CD Choco. Os ourensás abren taquilla para todos aqueles siareiros que se queran achegar ao partido.