Gonza: “Viaxamos coa ilusión e as ganas dunha vitoria para acabar a primeira volta con 34 puntos”

O CD Choco viaxa este domingo a Bergantiños para enfrontarse ao equipo local ás 17.00 horas no As Eiroas. O plantel redondelano chega cos ánimos ao tope logo dos 3 puntos colleitados na xornada anterior ante o CD Barco, “estamos a atravesar un momento moi bo tanto a nivel de adestramentos coma de partidos” e esto se nota, aínda que se algo subliña sempre o técnico de Mougás, Gonza, e o nivel de entrega dos seus xogadores en cada sesión de adestramento, e esta semana non ía ser diferente a cal “trascurriu ben, sen problemas, o equipo estivo moi enchufado coma sempre”.

O CD Choco chega a Bergantiños en quinta posición con 31 puntos a tan só dous dos postos de promoción do ascenso, pero quizáis non é tempo aínda de falar nin de pensar en isto. Centrados no seu próximo rival, que pola contra, atópase en zona de descenso con 17 puntos, posto que a Gonza non deixa de sorprenderlle “o rival no é para estar ahí abaixo”.

Precisamente a clasificación do equipo rival é unha das razóns pola cal os choqueiros non se fían deste partido, “vai a ser un encontro moi compricado porque o Bergantiños querrá sumar no que é o derradeiro partido da primeira volta e sacar a cabeza dos postos de abaixo”, nos comenta Gonza quen engade “non hai que esquecer que fixeron tres fixaches e non sabemos como pode afectar isto ao seu xogo”.

Pero a marxe de todo iso, Gonza sabe que a clave ten que estar neles mesmos e teñen que xogar “coa seriedade que estamos a enfrontar todolos partidos sobre todo fóra de casa, non sendo moi fiables e sobre todo saber sufrir os momentos malos dentro do partido, porque os haberá e adatarnos axiña do que nos vai a esixir o rival”.

Dificultades nesta xornada 19? Moitas, pero non máis que nas anteriores por iso o equipo redondelano viaxa coa “ilusión e as ganas de levarnos unha vitoria porque queremos sumar a maioría de puntos nesta primeira volta”. E que finalizar esta primeira etapa do campionato ligueiro con 34 puntos non estaría nada mal, e daría lexitimidade aos siareiros para pensar máis aló do obxectivo inicial do equipo que é a permanencia, mais a prudencia nunca está de máis e aínda que soñar e gratuito a realidade é que este domingo o equipo de Gonza se despraza a Bergantiños e o fai coa idea de “competir pero dende a tranquilidade de que levamos un número de puntos importantes nesta primeira volta”, sendo su obxectivo máis inmediato o de “de lograr 34 puntos”.

Gonza ten a súa disposición a todo o plantel.