A restrición entra en vigor hoxe ás 00.00 horas

Trala decisión adotada pola Xunta de Galicia na que se acordou a suspensión de toda a actividade deportiva de lámbito autónomico polo empeoramento da situación sanitaria debido a pandemia que estamos a sufrir, o Club Deportivo Choco vese na obriga de suspender os adestramentos e partidos amigables temporalmente ata que as autoridades sanitarias levanten dita prohibición.

Tan pronto apse a denominada terceira ola do Covid-19, e sempre que os Organimos competentes así o aconsellen, o club redondelá retomará a actividade deportiva sempre que se garinte o benestar dos xogadores e poñendo todas as ferramentas necesarias para que eso sexa posibles, como está a facer dende o inicio.

O Club Deportivo Choco agradece o compromiso, a responsabilidade e a comprensión de todos os rapaces e rapaces que forman parte dos diferentes equipos da base choqueira nesta situación tan anómala.