Un solitario gol de Yerai permite o plantel vermello sumar por segunda xornada consecutiva. Chuvia amarela no Espiñeiro nos que 8 xogadores veron cartón amarelo.

O CD Choco viaxaba a Carballiño coa intención de sumar e non defraudou.

Cos 11 iniciais definidos polos técnicos de ambos conxuntos saltaban ao campo polo CD Arenteiro: Rui, na portería, Iago, Padrón, Toño, Ross Manu, Wadir, Emilio, Jony, Javi Rey e Fajardo. Gonza decantaríase por Cortegos, baixo paos, Yago Vázquez, Diego Abal, Vitra, Aitor, Caloi, Yerai, Rancaño, Adrián, Félix e Tomás Abelleira. Tamén terían os seus minutos de xogo Sergio Santos, Martín e Comis.

Cos dous equipos xa preparados daba comenzo un partido nos que nos primeiros minutos a igualada era evidente máis pouco a pouco os choqueiros foron facéndose coa batuta do mesmo. A primeira das ocasións chegaría no minuto 3 cunha falta ao borde da área a favor do equipo vermello que tiraría Tomás Abelleira finalmente o coiro iríase fór.

A loita entre os dos bloques xerábase no centro do campo evitando a avanzada. Un rebote na cachola de Jony a punto estivo de protagonizar o gol máis curioso da xornada, pero un atento Cortegoso detén o disparo improvisado.

Despois dun inicio de idas e vidas cara as dúas porterías os de Gonza romperían a saca ao seu favor pero antes da chegada do tanto que brindaría a victoria o plantel de redondela, tiveron dos boas ocasións para facelo antes mentres que os do Arenteiro tiveron a súa tamén.

No minuto 21 Félix e Yerai iniciarían unha perigosa contra que finalmente non puido ser rematada por Adrí quen esperaba o balóndentro da área. Logo sería Wadir quen o intentaría para os seus cun avance pola banda dereita ao que lle responderían os choqueiros cunha boa contra tamén proucto de Félix e Yerai que finalmente tira fóra. E precisamente sería este xogador quen marcaría o solitario gol do partido que ben valeron os tres puntos. Un balón prolongado por Adrián que pasa a Yerai e este nun man a man con Rui introduce sen piedade o coiro na profundidade da rede local.

Co 0-1 no marcador, os do Arenteiro reaccionaron insistindo na portería de Cortegoso, pero unhas veces o noso gardameta e logo a falta de acerto dos xogadores local fixeron que o luminoso no cambiara de díxitos.

Unha primeira metade que remataría cunha bonita xogada coombinada do equipo da casa que finalizaría cun remate fallido por parte de Manu.

Final da primeira metade: CD Arenteiro 0-1 CD Choco 

 Logo do tempo do recreo, despois do pase por vestiarios no primeiro minuto deste tempo produciríase o primeiro troco nas filas do Arenteiro; saíra do campo Ricar e ingresaría Iago. Xa dende os inicios o CD Arenteiro buscaba o empate. No 48 un disparo lexano de Jony sería detido por Cortegoso. E no 57 sería ricar que o intentaría sen resultado positivo para os seus intereses.

 Era tempo de trocos nos dous bloques; nas filas do CD Arenteiro entraría Fajardo por Pablo e nas do Choco Sergio Santos por Ranca. Chuvia de tarxetas no Espiñeiro no que en apenas 3 minutos 3 foron as tarxetas amarelas que viron locais e visitantes. Jony e Toño polo Arenteiro e Sergio Santos polo CD Choco. O segundo troco nas filas choqueiras produciríase no 68, entraría Martín por Adri.

Logo destes paróns propios do xogo, o partido iría gañando en intensidade. No minuto 75 unha nova ocasión de falta para os locais poría supoñer o ansiado empate. Unha falta cometida por Yago Vázquesz a escasos 2 metros da línea frontal do área. Ricar sería o encargado de xogar a falta que bate na barreira e o rexeite aproveitado por Emilio vaise fóra.

A tres minutos do final do encontro, Gonza esgotaría os cambios xa que Yerai sae con molestias e entra Comis.

As derradeiras xogadas e oportunidades chegarían a favor do CD Arenteiro en tempo de desconto e a balón parado, pero finalmente os 3 puntos viaxarían cara á Redondela.