O Domingo 22 de Novembro Santa Mariña acollerá os partidos do Xuvenil División de Honra ás 12.00 horas e o do equipo Sénior ás 17.00 horas

O CD Choco solicita á Secretaría Xeral para O Deporte a ampliación do límite de aforo para a xornada dominical na que tanto o equipo Xuvenil División de Honra como o Sénior disputarán sendos partidos pertencentes á competición ligueira no feudo de Santa Mariña.

De todos é sabido que esta tempada está sendo atípica, condicionada toda ela pola situación pandémica que estamos a vivir dende o mes de marzo. A incertidume convertiríase no fiel compañeiro de todos os sectores, incluído o deportivo. Comezabamos a tempada sen saber a ciencia certa, primeiro si ía arrancar o campionato ligueiro, unha vez confirmado o seu arranque, se ían a permitir público, finalmente optouse por un aforo limitado que en tan só tres xornadas disminuiu de forma considerable proporcionalmente á situación sanitaria da nosa Comunidade Autónoma. Na primeira xornada celebrada en Santa Mariña acolleuse a 250 siareiros, na segunda a 150 e na última xornada celebrada no campo redondelá tan só a 75 siareiros.

Logo do esforzo económico e humano do club por cumplir todos os requisitos recollidos no protocolo sanitario establecido pola Real Federación Española de Fútbol e pola Real Federación Galega de Fútbol, dende o club consideran que “75 persoas da cabida a poucos socios, polo que creemos que a ampliación ao doble, 150 aficionados, que é o que se permite para os Concellos que están en zoa restrinxida perimetrada, polas caracterísiticas da nosa instalación e polas medidas adaptadas do protocolo, podemos garantir a seguridade de todolos asistentes”, comenta o Presidente da entidade deportiva, Iván Crespo.

O documento enviado expón a metodoloxía que segue o CD Choco no establecemento das medidas de prevención, necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

Neste arquivo recolle as medidas xerais que se adoptan diariamente, debido aos adestramentos, e na fin de semana cando se celebran partidos en Santa Mariña. Medidas tales como dispor dun lugar de entrada e outro de saída, roteiro a seguir polos xogadores, afeccionados e corpo técnico ou a desinfección diaria do material empregado, entre outras. Tamén fai hincapé en medidas explícitas para os deportistas xa que todos eles teñen que facer obligatoriamente unha autoavaliación previa a cada adestramento na que se aparece calquera síntoma se lle prohibe acudir a actividade en ningún dos casos. A realización de test xerolóxicos e o test de antíxenos a todo o equipo, realización de adestramentos en grupos estables e estancos, utilización restrinxida únicamente para o cambio de roupa dos vestiarios, etc.. Así como outras medidas na celebración dos eventos deportivos nos que os siareiros teñen que someterse a un control de temperatura antes do acceso ás instalacións e a correspondente desinfección de mans, respetar as sinalizacións de fluxo para a entrada e saída, manter a distancia social e prohibición de permanecer de pé ou en asentos non elexidos para tal fin.

Por último recollen medidas de Prevención e Control que teñen como obxectivo reducir o risco de transmisión da COVID-19 inherente ao evento, así como a probabilidade de que os servizos de sáude poidan verse sobrecargados. Unhas medidas de saúde adoptadas para desenvolverse nas diferntes fases da organización do evento ou actividade.

Con todo esto Crespo afirma que “creemos que con responsabilidade pódese tratar de manter certa normalidad nesta situación pandémica”.

A las espera da resolución ata o momento o aforo será de 75 persoas e como en cada partido o procedemento será por medio de reserva previa só para socios do club e aqueles que queden na lista de reserva terán prioridade no seguinte encontro.