Enfréntase o Domingo ás 17.00 horas ao CD Pontellas en Santa Mariña. Falamos con Jar

Este domingo remata a primeira fase do campionato ligueiro na Terceira División, nunha tempada marcada pola Covid. Unha última xornada que se disputará en horario unificado, ás 17.00 horas.

Os de Gonzalo Fernández reciben ao CD Pontellas. Se observamos a táboa clasificatoria parece que o equipo redondelano o ten doado máis a falta de presión por parte do equipo porriñés estase a convertir no talón de Aquiles para os equipos dos postos de arriba. Ademáis o CD Choco foi o único equipo que perdeu na primeira volta con este polo que nada se fían os xogadores choqueiros do conxunto que pecha a clasificación.

O que si que se ten claro na entidade deportiva de Redondela que só sirve a vitoria tanto para certificar a permanencia na categoría na vindeira tempada como para clasificarse na fase intermedia que lles da opción a pelexar por a disputa dun posto  na loita do play off. As contas están claras, independientemente das diferentes variantes que se poidan dar, un +3 é o único resultado válido.

Falamos con Jar o xogador choqueiro asegúranos que o “o equipo se encontra moi ben, moi motivado” e que “non existe presión senón a posibilidade de xogar a fase de ascenso”. E por elo polo que como o resto de semanas Jar afirma que durante esta semana o equipo adestrou “coma sempre, coa mesma intensidade e a mesma ilusión”. E que o xogador redondelá está convencido que este domingo se verá “a mellor versión do equipo” ante un rival ao que considera un “equipo que compite moi ben” por iso a clave estará “na fortaleza defensiva e na sorte de cara ao gol”.

Pois así se espera que sexa este domingo en Santa Mariña nunha xornada na que se espera unha boa entrada. Dende o club se informa que se abrirá taquilla até completar o aforo permitido.