A Federación Galega fai oficial o ascenso do Cadete B e Infantil B a Primeira Autonómica

Logo dunha tempada atípica pola interrupción do COVID 19 nas nosas vidas, os equipos base do CD Choco seguen a ser premiados polo bo traballo realizado durante o curso. Nesta ocasión o Cadete B, adestrado por Hugo Álvarez e o Infantil B por Lea, obterían o premio polo que levaban a loitar durante a competición ligueira, o ascenso a Primeira Autonómica.

Un novo paso hacia diante do club redondelano que deixa entrever  a boa saúde do que goza o fútbol base pois con estos dous novos ascensos xa son 3 os obtidos, pois non hai que olvidar o ascenso do Xuvenil A a División de Honor. De feito cabe destacar que Hugo Álvarez, segundo adestrador do Xuvenil, vivirá dous ascensos no mesmo ano, aspecto que tomaba como anécdota pero sen esconder a alegría polo los obxectivos cumplidos.

Noraboa a todos!