2-1 foi o resultado final dun partido igualado no que quizáis non fose o mellor partido por parte do equipo redondelá pero sí o maís efectivo de cara ao gol. Sergio Santos e Martín foron os artífices dos tantos locais.

Ás 17.00 era a hora da cita entre o CD Choco e os CD As Pontes en Santa Mariña. Un partido importante para os locais de cara a consecución da permanencia aínda non certificada.

Compromiso para o que Gonzalo, técnico do equipo redondelá, optou por o 11 inicial de Cortegoso, baixo paos, Yerai, Jar, Yago, Vitra, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Edu Otero, Sergio Santos e Martin. Tamén terían minutos Adri, Félix e Aitor.

Entrementres, Marcos Roca se decidiría por un once de inicio formado por Javi Luz, na portería, Maroñas, Alex C, Marcos Caridad, Dani, Quique, Gonzalo, Carlos, David García, Cambón e Oscar Rivas.

Un partido que se iniciaría cun minuto de silencio en memoria de Carlos Muínos “Dula” ex xogador redondelano. Tras este e con todo disposto no campo daba comezo o partido. Quizáis os xogadores ponteses saísen un pouco máis enchufados cos redondelás, intentando chegar á portería de Cortegoso.

Co paso dos minutos o partido crecía en intensidade e unha vez entrado nel, tantos uns coma outros creaban continuas ocasións. De feito antes de rompela saca ao seu favor o CD Choco poría en apuros a Javi Liz con chegadas claras como a de Edu cuxo remate atraparía o cancerbeiro rival.

Pero a máis clara por parte do equipo de As Pontes viría tras un tiro certeiro de Carlos, no 26, que petaría na madeira que nesta ocasión parecía aliarse con equipo redondelá.

Logo sí, no 35 chegaría o primeiro tanto da tarde. Estrearían marcador os redondelás cun gol de Sergio Santos que chegaría dunha boa xogada combinada de equipo, subindo así o primeiro gol para delicia da numerosa afición que se achegou ao Santa Mariña. Unha alegría que pronto truncaría Dani que logaría o empate moi preto do descanso, tras aproveitar o rexeite tralo primeiro tiro de Carlos.

Co empate a 1 chegaríase ao tempo de lecer en Santa Mariña.

Final do primeiro tempo: CD Choco 1- 1 CD As Pontes

 Tralo paso por vestiarios a tónica era a mesma que na primeira parte. O partido bastante igualado, as ocasións seguíanse a suceder para ambolos dous bloques que mantiñan a mesma intensidade.

Un pouco máis axustados en defensa, o CD Choco evitaría a chegada dos rivais a súa portería.

Aínda que eran os dous equipos quenes buscaban rompelo partido ao seu favor sería o CD Choco quen se adiantaría de novo cun golazo de Martin, que bate a Javi Liz tralo centro de Yerai dende a banda e o xoven xogador  marca

Co 2-1 no marcador e aínda que quedaba tempo de abondo para que todo puidese suceder, o equipo redondelá seguiu embestindo a portería de Liz, chegando as oportunidades a balón parado.

No 88 David García vería o segundo cartón amarelo tendo que retirarse antes de tempo a vestiarios. O partido estaba de cara ao choqueiros quenes intentaban amplialas distancias para asegurar os 3 puntos tan importantes para cumprir o seu obxectivo. E aínda que foron máis numerosas as ocasións xeneradas polo equipo da casa, a útima sería para As Pontes tras un saque de esquina e que os choqueiros tiveron que sacar baixo paos.

Final do partido: CD Choco 2-1 CD As Pontes.