O canteirano Davicin seguirá defendendo unha tempada máis as cores do equipo da súa vila

Non cabe dúbida que a seña de identidade do CD Choco e a súa aposta polos xogadores que creceron nas súas filas. Poderíamos nomear a algúns deles pero neste caso a noticia é Davicin que renova co equipo choqueiro por unha tempada más. Esta será a súa segunda co primeiro equipo polo que se amosaba moi contento pola “confianza que de novo deposita en min o corpo técnico”. Davicin é un exemplo para moitos dos nenos que hoxe en día conforman a base choqueira porque reflexa o dito de “querer é poder” e así o demostrou o xogador redondelán quen ademáis superou unha grave lesión a pasada tempada e a pesar disto non tirou a toalla. Ademais, cabe destacar o valor que dende o club se lles da aos xogadores da casa, apostando pola súa formación e porque cheguen ao primeiro equipo. Ao respecto Iván Crespo, presidente da entidade choqueira, coméntanos que “sempre temos en conta aos canteiráns fundamentais para o proxecto do CD Choco”.

Como non podía ser doutra maneira, Davicin tamén demostraba as gañas de comezar a adestrar, “ xa me tarda volver a adestrar, son moitos meses xa sen tocar balón” e sobre todo para empezar a competir “que é o que máis me gusta”.