Nesta ocasión tan só un punto foi o facturado polos de Gonza ao empatar a 0

Complexo duelo o que tiña o CD Choco esta xornada en Santa Mariña. Partido importante para os de Gonzalo Fernández para continuar na loita por unha praza no play off.

Con todo disposto en Santa Mariña os adestradores de sendos equipos apostarían por un 11 de inicio por parte do CD Choco formado por: Kevin, baixo paos, Elías, Yago, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Davo, Martin, Fran Monroy, Guille e Iano. Entrementes Valerón apostaría por Alberto, na portería, Íñigo, David, Iván, Javi Sánchez, Rául, Alejandro, Prende, Cambón, Guedes e Guillermo.

Sen apenas ocasións claras para ningún dos dous equipos a excepción de dous tiros de Alberto e Davo transcurrirían os primeiros minutos do encontro. O Fabril chegou para entorpecer o xogo dos redondelanos que non eran capaces de facer o seu xogo. Cunha posesión de balón repartida entre choqueiros e deportivistas o epicentro do xogo estaría no centro do campo.

Logo de chegar o tempo de lecer, na segunda metade se ben é certo que parecía que a historia se repetiría, tanto os locais como os visitantes terían ocasión máis claras nestes segundos 45.

Kevin tería que empregarse a fondo baixo paos no 49 tras dous tiros certeiros dos xogadres do Fabril. A resposta do CD Choco non se faría esperar xa que no 51 Iano intentaría rómpela saca ao seu favor cun tiro de Iano que saíu fóra. 6 minutos despois sería Davo que probase sorte cun tiro interceptado polo cancerbeiro coruñés. E logo Guille atoparíase coa madeira no minuto 75 sendo esta a ocasión máis clara para os de Gonza até o momento.

Na recta final Comis, no 85, o intentaría cun tiro certeiro á escuadra  que despexaría Alberto cunha boa intervención.

Sen máis chegaría o remate dun partido no que houbo reparto de puntos en Santa Mariña.

Final: CD Choco 0-0 Deportivo Fabril