O central, que fixo a pretempada co equipo redondelá, síntese moi ilusionado no seu novo 
equipo.

Entramos na primeira semana de competición, logo de sete meses sen Liga. Os equipos da Terceira ultiman os detalles para, este fin de semana, saltar, neste caso, aos diferentes campos da xeografía galega. O CD Choco non ía ser menos, e apura os últimos días para, despois da pretempada, perfilar definitivamente o equipo que competirá na 20/21. E o fai coa incorporación do central Elías Reyes, quen xogou varios amistosos vestido coa equipaxe choqueira, e as sensacións tras a estes son “moi boas. Hai xogadores moi bos a nivel individual e en conxunto tamén funcionamos”, coméntanos o xogador na súa presentación.

O xoven xogador que pasou a súa etapa formativa no RC Celta de Vigo, exactamente dende Alevin até Xuvenís de primeiro ano, xogou tamén no Santa Mariña, o Erizana e por último no CD Pontellas, equipo no que militou ata esta tempada. Elías trala firma que une o equipo redondelán, asegúranos que se sinte “moi ilusionado” con esta nova etapa que acaba de comezar pois “sempre me chamou a atención este equipo; o seu xogo vai na misma línea co meu e penso que formamos unha gran combinación”.

Unha gran combinación que se terá que demostrar xornada tras xornada e que mellor maneira que empezar a facelo este fin de semana ante o Rápido de Bouzas pimer rival que visitará o Santa Mariña, nunha tempada sinalada polo Covid-19. Os equipos terán que acostumarse ao novo formato competicional e as instalacións acondicionadas para cumprir o protocolo sanitario, limitación de aforo para os siareiros e mil detalles máis, pero que, para o xogador o importante é que “podemos xogar”. Unha volta ao campo que para Elias é ilusionante “depois de tanto tempo sen xogar todo se colle con máis gañas” aínda que considere que dos dous subgrupos da Terceira, o Norte e o Sur, “tocounos o máis complicado; con equipos moi bos e que ademáis, a maioría, reforzáronse moi ben”. Ante esto o xogador o ten claro “non queda outra que dar o mellor de nós en cada partido”. E en estas está Reyes que só espera que esta tempada a nivel persoal lle aporte un “crecemento como xogador e poder sacar a mellor versión de min”, e a nivel de equipo “que loitemos en cada partidos para poder estar nos posto altos da clasificación. Gústanme os xogadores comprometidos, que sepan ser compañeiros porque a unión e o bo ambiente é fundamental”. E neste aspecto Elías non dubida que chegou ao vestiario adecuado “síntome como en casa, todos o compañeiros puxéronmo moi fácil, así que estou moi contento”.