A Federación Española da por rematada a Liga Regular, sen descensos e con ‘play off expres’

 Dende que se declarou o Estado de Alarma no noso país, o tema do fútbol en todalas categorías convertiuse nun rompedeiro de cabeza para moitos. Baraxáronse moitas posibilidades de como rematar a tempada, na búsqueda da menos mala. A incertidume que acarrexou a decisión, aínda segue a dar os útlimos coletazos; no haberá descensos e se xogará un play off express. Aínda surxen dúbidas ao respecto de que se podan xogar a promoción de ascenso. Plazas ás que non opta xa o equipo choqueiro xa que quedou a catro puntos da última que daba dereito a xogar.

Así as cousas o club redondelano neste intres está planificando a seguinte tempada, da cal aínda non se sabe cando comezará.