O CD Choco se prepara para o Play Off

https://api.clupik.com/clubs/2570/images/clubTransparent.png
CD Choco
4 de junio de 2021

O mércores 9 de Xuño ás 20.00 horas disputa os cuartos de final contra o Somozas


A maquinaria da fase de ascenso volve a funcionar. O CD Choco xa ten data para a primeira eliminatoria na que se enfrontará ao Somozas. Uns cuartos de final que se fixeron esperar logo do caso positivo dun dos xogadores do plantel choqueiro que mantivo confinado a todo o equipo durante 10 días. 


Este luns  e martes os xogadores pasaron unha nova PCR cuxo resultado permitiulle volver aos adestramentos o mércores logo de dar todos negativos. 


Tan só unha semana, sete días, terán os de Gonzalo Fernández para preparar a eliminatoria. Un equipo ao que so lle vale a vitoria, xa que en caso de empate pasará de ronda o mellor clasificado nesta fase de ascenso. 


O 13 de xuño e 20 son as outras dúas datas que se plantexan para disputarse a semifinal e a final.



0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar