O CD Choco quen non mostrou a súa mellor versión logrou o empate nos últimos minutos con ungol de Davicin.

El CD Choco continua sumando unha semana máis, os tres últimos resultados empates, aínda que nesta ocasión o faría sufrindo. Boa recompensa para un partido no que os choqueiros non amosaron a súa mellor versión.

Por parte da UD Ourense saltaban ao campo no 11 titular: Atanes, Varo, Alfredo, Pablo Corzo, Gabi Sanin, Hugo García, Ruben Durán, Migui, Carlos de Dios, Viti e Tiago.

Por parte do CD Choco o farían: Cortegoso, na portería, Samu, Yago, Alberto Suárez, Comis, Félix, Martin, Antón, Guille, Iano e Mario. Tamén disporían de minutos na segunda mitade, Yerai, Davicin, Doval e Elías.

Nunha tarde fría e desapacible daba comenzo o partido no campo de O Couto cunha gran acollida de siareiros nas bancadas. Xa nos primeiros minutos o equipo local mostraba as súas cartas, ían sacar proveito do factor campo e pronto comezaron a dominar o partido ante o equipo de Gonza a quen lle costaba adatarse e meterse no partido.

Aos cinco minutos do comezo os locais reclamarían un penalti sobre Tiago por un agarrón de Samu que o colexiado non considerou como tal. Tras esta xogada, o partido ía crecendo en intensidade tanto dentro como fora do terreo de xogo. Cada quen miraba polos seus intereses e ningún dos dous bloques querían deixar pasar a xornada sen puntuar.

Non habería achegamentos defisivos a ningunha das dúas áreas ata ben entrado o ecuador deste primeiro tempo se ben é certo que o Choco non era capaz de alcanzar o área rival máis o perigo rondaba na maior parte do tempo na de Cortegoso. No 21’ Suárez tería a máis clara para os seus logo dun saque de esquina executado por Antón, pero Alberto non chega ao esférico no segundo pao, perfecto para o seu remate. Seis minutos despois sería o UD Ourense quen tivese unha ocasión por medio de Alfredo para adiantarse no marcador, pero Cortegoso despexa o balón a córner.

O gol dos unionistas chegaría no minuto 38 nunha xogada na que logo dunha internada na área choqueira e o consecuente remate que desviou un dos defensas choqueiras fai que o balón caia nos pés de Carlos de Dios que aproveitou a tesitura para marcar o primeiro gol da tarde.

Sen moitas máis ocasións chegaría o tempo de lecer no que os locais vencían pola mínima.

Final do primeiro tempo: UD Ourense 1- 0 CD Choco

Tralo paso por vestiarios veuse un pequeno cambio nas filas choqueiras. O CD Choco, ao que non lle servía o resultado, arriscou un pouco máis e chegaban non sen dificultades a crear ocasións que ven poderían valer o empate pero a falta de eficacia de cara o gol, alargaría os sufirmento redondelá até os últimos minutos.

O tempo corría en contra dos visitantes e parecía máis preto o segundo dos ourensás que o primeiro dos choqueiros. Gabi Sanín e Carlos de Dios non foron quen de materializar sendas ocasións.

Nos últimos minutos do partido o CD Choco foi capaz de arrinconar un pouco o equipo unionista quen intentaban despexar o perigo da súa área. Félix desaproveitaría a máis clara logo dun centro de Yerai. O Choco lonxe de aminalarse o seguiu intentando até que Davicin, que entraría no segundo tempo, superou ao gardameta Atanes cun tiro raso para subir o empate ao marcador.

Final do partido: UD Ourense 1-1 CD Choco