Adri, que entraría na segunda metade, marcaría o tanto do empate.

Chegaban a esta xornada con moitas gañas de puntuar; o locais para resarcirse das dúas derrotas das últimas xornadas e permitir seguir estando na loita dos postos altos da táboa clasificatoria. Entrementres o signo dos visitantes era ben diferente pois chegaba a Santa Mariña necesitados de puntos.

A presión alta exercida por ambos equipos daba fe de que ningún dos dous querían marchar de baleiro deste partido. Aínda que a primeira máis clara da primeira metade foi para o Rápido de Bouzas, tras un erro preto da área de Cortegoso de Aberto Suárez, que finalmente non foi aproveitado polos xogadores rivais, ben puido ser o primeiro da tarde mais a madeira aliouse cos da casa e o pao evitou ese primer tanto. Tamén a madeira devolveríalla aos locais tras un tiro de Tomás, no minuto 16, a pase de Davicin que provocou o lamento das gradas por aquilo que puido ser e mais non foi.

Pouco a pouco o equipo de Gonza, que decidiu salta o campo con Cortegoso, baixo paos, Yerai, Mario, Vitra, Aitor, Alberto Suárez, Comis, Sergio Santos, Davicin Félix e Tomás, foron tomando o control do partido con achegamentos a portería de Expósito pero sen a determinación suficiente para convertir en gol.

Os xogadores de Milo, que se decantaría por Expósito na portería, Barbeito, Iñaki, Pablo, Ronald, David Areal, Fondevila, Yhave, Carnero, Mouriño e Álex Rey, aproveitarían os erros dos choqueiros para lograr chegar a portería drfendida de Cortegoso e desta maneira tiveron algunhas ocasións que ben poideron materializar. A última no 43’ na que tras unha indecisión da defensa redondelana Cortegoso tivo que emplearse a fondo para evitar o que ben puido ser o primeiro do partido.

En definitiva, 3 ocasións claras con achegamentos máis claros por parte do equipo vermello e sen goles, chegaría o tempo de descanso no Santa Mariña.

Final da primeira parte: CD Choco 0- 0 Rápido de Bouzas

 Tralo paso por vesitarios saltaban os equipos de novo ao campo e con ganas de facerse co marcador. A primeira nos pés de Davicin que logo dunha boa xogada pola banda na que se marchou dos xogadores rivais, pica o balón e este, sempre caprichoso, foise alto por moi pouco.

Logo desta primeira chegada a tónica sería a da primeira metade. Un CD Choco levando o peso do partido cun xogo máis combinativo entrementes os rivais esperaban a perda do balón dos choqueiros para, cun xogo máis directo, chegar de maneira perigosa á portería defendida por Cortegoso.

O primeiro dos trocos produciríase nas filas choqueiras coa saía da Comis e a entrada de Iago no minuto 60.

No 67 chegaría unha ocasión a blaón parado para o Rápido de Bouzas de unha falta no bórde do área que tira Yhave e vaise fóra. E na seguinte tras un centro a Pablo González, este empurra o balón ante o que Cortegoso nada puido facer subindo así o primeiro da tarde. Corría o minuto 70 e o luminoso do Santa Mariña lucía o 0-1.

De novo un acercamento perigoso do equipo redondelano que Expósito para cos pés o tiro de Yerai. Entrementes Gonza faría os dous derradeiros cambios sacaría a Alberto Suárez por Caloi e a Davicin por Adri. Milo faría o mesmo sacando do campo a Fondevila para darlle minutos a Tape.

O CD Choco seguían intentado a búsqueda do empate con bos contrataques fraguados no tiro final por un equipo rival completamente metido atrás na defensa do resultado favorable aos seus intereses. Mais no 83 o CD Choco obtendría a súa recompensa cunha boa xogada combinada de equipo que finalizaría nos pés de Adri que sen dubidar bate a Expósito para subir o empate a 1 ao marcador.

Tralo tanto, os de Gonza facían méritos para que os tres puntos quedasen na casa embistindo a portería do Bouzas, quenes tamén tiveron as súas.

Finalmente o luminoso redondelano non cambiaría de díxitos.

Final do partido: CD Choco 1-1 Rápido de Bouzas