Davicin consegue un empate in extremis, logo de levar todo o partido remando en contra, cun marcador adverso dende o minuto 13.

Chegaban ao campo de A Cheda o plantel choqueiro coa intención de sacar algo positivo da súa visita a Lugo e así o fixeron. Con todo disposto xa para o comenzo do partido, saltabna a pista polo Polvorín FC, Unai, na portería lucense, Varo, Matías, Nico, Quindimil, Brunet, Rayco, Manu, Morais, Alex Rey e Chiqui. No segundo tempo tamén terían o seus minutos Luis,

Entrementres Gonza, adestrador do equipo redondelán, apostaba por Cortegoso, baixo paos, Mario, Aitor, Yago, Vitra, Alberto Suárez, Yerai, Caloi, Adri, Tomás e Comis. Tamén disfrutarían do xogo no segundo tempo, Martín, Davicín e Adri.

Comezaba o partido, e o facía cun aviso do equipo local cunha boa incoporación do lateral dereito cun centro – área que se vai pola esquerda de Cortegoso. Os dous equipos tiñan a mesma intención, a de puntuar, polo que a intensidade fixo acto de presenza xa nos minutos iniciais.

Logo do tanteo propio de tódolos inicios nos que ambolos dos equipos loitan por facerse co dominio do encontro, o bloque choqueiro facíase coa posesión do blaón máis a profundidade chegaría por parte dos locais con achegamentos máis claros en con maior perigosidade a portería defendida por Cortegoso.

No minuto 6 chegaría a primeira das xogadas polémicas que se producirían neste primeiro tempo e que ben podería ser clave no devenir do encontro. Tras unha boa xogada de Adrián o área rival, no momento de encara ao o porteiro Unai es empurrado no área e o árbitro, preto da xogada, non consideraría pitala pena máxima.

No trece chegaría o primeiro tanto, logo dunha triple combinación dentro do área do Polvorín ante a defensa do equipo redondelán cuxo tiro de Morais, que tocou levemente Cortegoso pero que aínda así non puido impedir que o balón entrase na súa portería subindo o 1-0 ao marcador.

Co luminoso en contra, o equipo de Gonza repondería cunha boa chegada ao área lucense provocando o primeiro córner do partido, pero sen obter a recompensa desexada.

As ocasión sucedíanse para ambolos dous bloques aínda que máis con xogadas a balón parado, sobre todo dende o córner, tendo a máis clara deste tipo o CD Choco por unha falta perigosa preto do área que xoga Tomás cun bo centro a Alberto Suárez que para Unai sen problema.

No 25 chegaría outra xogada polémica. Nesta ocasión é Tomás que cae no área e de novo o colexiado, non considera que sexa unha xogada para sancionar ante a desesperación dos siareiros que se achegaron a terras lucenses a alentar ao equipo. E no 27 será Aitor quen reciba un codazo dun xogador rival o que provoca a protesta do xogador Vitra e do segundo adestrador, Óscar, e que tivo coma resultado un cartón amarelo a cada un deles. Un centro – chute de Mario e un disparo dende fóra de área de Tomás Abelleira serían as ocasións para o CD Choco entrementes unha nova xogada polémica en esta ocasión a favor dos locais que acaba cun cartón amarelo para Rayco por simular penaltie.

Con intensidade no campo e nas bancadas, o partido proseguiría o seu curso e a súa tónica, nesta ocasión sería Comis quen sufriría unha entrada de Matías quen vería un cartón amarelo. A posesión do esférico seguiría sendo para o Choco que non paraba no seu empeño da búsqueda do gol que supuxese o emptae. Unha boa combinación pola banda dereita entre Tomás e Comis non encontraría un rematador fraguando así calquera das posibilidades de igualalo partido.

No 39 sería Rayco quen buscaba ampliar o marcador a favor dos intereses do seu equipo pero a boa intevención de Cortegoso o evitaría. Logo sería Brunet quen provaría sorte sen resultado positivo, nuns minutos nos que o FC Polvorín dominaba o encontro. A un minuto para o final deste primeiro tempo Matías deixará ao seu equipo cun xogador menos ao ver o segundo cartón amarelo logo dunha entrada no medio do campo nunha xogada que carecía de perigo para os intereses sos seus. Con esta última xogada chegaría o tempo de recreo.

Final do primeiro tempo FC Polvorín 1- 0 CD Choco

 Tralo paso por vestiarios, e cun xogador menos o equipo local o CD Choco facíase co dominio do partido mais esto non impedía as chegadas perigosas dos xogadores lucenses. Aos dous minutos do comezo deste segundo tempo, chegaría unha ocasión para os redondeláns dunha xogada de córner xogada por Tomás, cuxo remate de Yago se vai fóra. Seguían aparecendo os cartóns amarelos nesta ocasión o vería Morais por falta a Yerai.

O CD Choco seguía buscando un empate que non chegaba, Mario alcanzaría o área rival pola banda dereita pero o seu centro non encontraría rematador para a boa xogada do xoven xogador. E no minuto 59 chegaría un penalti a favor do equipo vermello. Adri sería a quen llo farían, e tamén o encargado de tiralo máis Unai con gañas de aguarlle a festa o parou para delicia dos seus siareiros. Varo vería cartón amarelo nesta acción.

Parecía que unha xornada máis, a sorte lle daba a espalda ao equipo de Gonza, pero estes non dubidaron en retala e seguían loitando por sacar algo positivo deste desprazamento. No 65 dobre ocasión para os choqueiros nos pés de Martin en Mario pero un acertado Unai resolvería sen problema sendos tiros. Embestidas que provocarían un agazapamento local no seu área. Logo da xogada de Martin por banda esquerda provocando un córner, chegarían duas ocasións clara do Polvoría nas que un resolutivo Cortegoso evitaría o segundo tanto local, sendo minutos estes de dominio lucense.

No 82 chegaría o que parecía a derradeira xogada para o CD Choco dunha falta perigosa ao borde do área pero que non aproveitan e cando xa parecía que os tres puntos quedarían en Lugo, Davicin marcaría o empate, 1-1. Corría o minuto 93 cando nunha xogada de ataque o primeiro tiro de Edu espétase no pao, e na mesma xogada colle o balón Martín que centra a Davicin e este remata de cabeza batendo así a Unai e salvando un punto en terras lucenses.

Final do partido: Polvorín FC 1-1 CD Choco.

Con este punto o CD Choco segue sumando de cara a consecución da permanencia.