2-2 foi o resultado final dun partido que remata en polémica tras unha man clara dos arousáns na derradeira xogada do partido.

Xa nolo adiantaba Antón na previa, “nos imos partido a partido” sen tempo a facer contas a onde aspiran a estar ao remate da tempada; sendo este un discurso válido tal e como se está a desenvoler o curso ligueiro.

Os de Gonza Fernández, que repetían esceario por segunda xornada consecutiva, xogaron cun once formado por Cortegoso baixo paos, Elías, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Davicin, Yago, Antón, Guille, Iano e Óscar Gil. Aínda que tamén disfrutarían de minutos Mario, Fran Monroy e Martin.

Polo equipo arousán o farían Álex Cobo na portería, Cotilla, Fontán, Campillo, Pedro García, Beda, julio Rey, Mon, Ross, Killian e Robert.

O planteamento choqueiro asemellou á da semana pasada mais nesta ocasión fixeron falta 10 minutos nos que os xogadores dos dous bloques estiveron tomándose o pulso sen crear nin tan siquera achegamentos ás porterías contrarias, por ver que sen facía co control do esférico. O centro neurálxico estaba na mitade do campo sen avances aos campos contrarios.

Sen embargo unha xogada dubidosa no área de Cortegoso, que foi penalizada polo trío arbitral coa pena máxima, subiría o primeiro da tarde adiantando ao equipo visitante no marcador cun gol de Beda que non errou dende o punto de penalti.

Co 0 a 1 no marcador fora de aminalarse o CD Choco veuse arriba e o balón empezou a rondar a portería de Álex Cobo. De feito, no 29 o equipo choqueiro empataría o encontro cun tanto de Comis que rematou de cabeza o centro de óscar Gil tras unha boa xogada pola banda dereita.

Co 1 a 1 no marcador o partido seguía aberto. Parecía que o primeiro tempo remataría con empate no marcador máis no 41 un erro defensivo do CD Choco sería aproveitao por Julio Rey para batir a Cortegoso e marcar o segundo para os seus.

Sen tempo para máis chegaríamos ao final do primeiro tempo.

Final da primeira parte: CD Choco 1-2 Arosa SC

Tralo tempo de recreo o CD Choco tiña 45 minutos por diante para dar volta ao marcador. O equipo de Gonza saía a morder e nos primeiros cinco minutos xa tivo ocasións de empatar o partido.  Pero finalmente, sería o Arosa SC quen tería as máis claras deste segundo tempo. De feito Cortegoso firmaría unha boa parada no 60 tralo tiro de Cotilla.

Avanzaba o tempo e o Choco seguía remando co marcador en contra. Pero no 67, Oscar Gil marcaría o empate nunha moi boa xogada que comeza cun tiro de Caloi cuxo rexeite de Cobo atrapa Comis e este centra a Gil que remata sen piedade ao fondo da portería arousana.

2-2 no marcador, resultado que parecía non convencer a ningún dos dous equipos que buscaban a vitoria con idas e vidas ás porterías rivais. De feito, Iano salvaría no 90 ao sacar un balón que rondaba a línea de gol. Pero esta non sería a derradeira xogada pois o partido terminaría de novo con polémica pois unha man na área do Arousa pero que nesta ocasión non foi amonestao polo trío arbitral.

Final do partido: CD Choco 2-2 Arosa SC