O club garante o cumprimento estricto dos protocolos establecidos para as categorías dos ámbitos 
autonómicos.

É unha obviedade o cambio que supuxo na rutina diaria de tódalas personas dende que estamos a vivir a crise sanitaria producida polo COVID-19 e que a súa vez chegou as nosas vidas no só para trastocalas, senón tamén para adquirir outro tipos de hábitos aos que non acostumábamos. Saúdos sen contacto, falar a distancia ou non compartir o mesmo espazo según que número de persoas…

Pero unha vez adatados a esta nova realidade o Club Deportivo Choco, reactiva as actividades deportivas no que se refire ás categorías base. Logo das reunión mantidas entre pais e os adestradores dos diferentes equipos, Presidente da entidad deportiva, Iván Crespo e o Coordinador da base, Michi, decidiuse retomar os adestramentos esta mesma semana.

Eso sí para garantir a seguridade de tódolos rapaces o Club explicou a metodoloxía a seguir para este curso no que, de momento, non haberá competición. Ademáis só haberá dous adestramentos semanais, xa que o clube quere evitar aglomeracións nas instalacións, e estes serán sen contacto.

Iván Crespo apela á responsabilidade individual para o ben común e ao compromiso de todos de seguir as pautas marcadas, comprometéndose, a súa vez, a que o club fará o propio. Algunhas das medidas adotadas para o bo desenvolvemento da actividade deportiva é a implementación dun único acceso ás instalacións deportivas no que unha persona tomará a temperatura das xogadoras e xogadores; desinfección do material deportivo antes e despois de cada sesión de adestramento, e a asignatura de asistencia; para o control no caso de que se producise un positivo.

Pola súa parte os deportistas terán que ir cambiados das súas casas e non poderán, en ningún caso, utilizar os vestiarios. Ademáis, deberán realizarse diariamente un autotest para comprobar si tiveron febre, dores de testa, tos ou calquera outro síntoma que lles acarrease malestar. Nestes casos, de ser así, non poderían acudir aos adestramentos neses días.

Dende o club apélase ao sentidiño común de grandes e pequenos para que todos poidamos disfrutar deste deporte.