O xogador incorpórase á disciplina de Gonza despois de militar a primeira volta desta tempada no Rayo Vallecano.

Redondelano e xogador da base choqueira, Samuel Santos, máis coñecido por Samu, regresa a casa logo de militar a primeira volta desta tempada no equipo madrileño do Rayo Vallecano.

Decisión que non lle costou tomar e así nolo expresou o propio xogador na súa presentación como novo xogador do equipo vermello, esta mesma tarde en Santa Mariña “a verdade é que me costou adatarme alí e logo non acadei minutos, non xogaba e creo que marcharme do equipo era o mellor para min”.

O CD Choco foi testemuña do crecemento non só deportivo senón tamén persoal do xogador xa que desenrolou todala súa carreira no club redondelano. Esta tempada máis unha no Alondras cando xogaba en División de Honor Xuvenil, foi o maior tempo que estivo lonxe do Choco.

Foi na pasada tempada cando debutou en Terceira División da man de Gonza, polo que no haberá problema para que Samu se adate a filosofía do técnico de Mougás polo que agarda “mellorar xa que sé que será complicado xogar neste equipo”. O xoven xogador chega coa esperanza de que “Gonza me de unha oportunidade eu penso aproveitala porque adestrar aquí é un luxo. A traballar que é o que toca”. E que Samu chega coa mentalidade de sumar ao equipo, e convertirse de novo en un xogador importante do plantel choqueiro, non hai que esquecer que no seu debut co equipo senior converterase nun xogador habitual nas convocatorias de Gonza. “Veño coa intención de reforzar ao equipo e suplir algunha baixa ou sanción na miña posición, pois creo que lle podo aportar moitas cousas boas ao equipo”.

Aínda que marchou para capital e a pesar da distancia, Samu nunca deixou de seguir ao que agora volve ser o seu equipo “a tempada que está a facer o Choco é boísima, de feito a pasada campaña creo que a estas alturas non estábamos tan preto dos postos de play off e isto para este equipo, tan modesto a nivel económico, é digno de admirar. Un logro que e grazas ao corpo técnico, aos xogadores como polo traballo de todos o que fan posible que este club continue crecendo”.

Samu xa está completamente adatado ao equipo; non era difícil pois xa coñecía a maior parte dos seus novos compañeiros senón porque ademáis xa leva unhas cantas sesións de adestramento con eles “dende que cheguei o vestiario tratoume coma un máis”.

Samu xa está a disposición de Gonza co que falamos sobre o xogador “coñezo moi ben a Samu. A tempada pasada fixo un moi bo ano con nós. Empezou adestrando dende o inicio co equipo senior e terminou compitindo nunha veintena de partidos nos que tivo un alto rendimento”. Gonza sabe que o xogador chega con bastante tempo sen competir pero aínda así cree “que nos pode aportar moito en defensa xa que é un central zurdo con boa saída de balón, que é unha das caracterísitas que ten que nos gusta e de ahí a súa incorporación. Pero sobretodo porque ten moito marxe de mellora e chega con moitas ganas e ilusión o que é moi importante para o grupo”. Gonza está seguro de que “cando pille o punto competitivo nos va a dar moito cada domingo”.