O dianteiro guineano chega procedente do AD Limianos, equipo portugués da División Districtal.

O CD Choco presenta á primeira fichaxe da tempada; Nelson Jaló Ramos, un dianteiro guineano que ven a reforzar a primeira línea do equipo choqueiro. Procedente do AD Limianos,  o xoven xogador non era descoñecido para Gonza xa que estivo adestrando a pasada tempada co equipo xuvenil de Alberto Suárez e co equipo Sénior nalgunha ocasión tamén. Dende un primeiro momento chamou a atención polas súas cualidades “é un xogador que corre moi ben no espacio, moi traballador na faceta defensiva e con moito gol”, coméntanos Iván Crespo, presidente da entidade deportiva, que foi o encargado de presentar ao xogador. Crespo recoñece tamén que “o club quería apostar por este xogador a pasada tempada no Xuvenil Nacional, mailos problemas burocráticos obrigáronnos a pospoñer a desexada vinculación entre o xogador e o club”.

Da misma maneira, Nelson amosábase moi contento trala firma que materializa a súa pertenza ao club redondelano e moi agradecido “pola confianza que mostraron por min”. O xogador guineano aínda non leva nin dúa semanas en Galicia e xa nos asegura que “estou adaptado á vida en Redondela, vila que me gusta moito”. Pero aínda lle queda adaptarse ao vestiario co que compartirá a súa primeira experiencia na Terceira galega, pero é optimisma e non dubida en “facerme pronto un hoco no equipo” e para elo, Nelson non perde o tempo. Consciente do difícil que será entrar na convocatoria de Gonza, o xogador comezou a adestrar pola súa conta, un pouco de ximansio e uns tiros á portería en Santa Mariña, permítenlle non perder a forma física. Non esquezamos que os xogadores levan máis de tres meses en dique seco polo Covid-19. De feito, quizás ésta sexa o motivo polo que Nelson está ansioso por “empezar a adestrar e competir, que é o que me máis me gusta”.

Nelson Jaló Ramos, anoten este nome, porque este novo xogador choqueiro “ten moito futuro e sabemos e así o desexamos, que o CD Choco quedarálle pequeno”, asegura Iván Crespo. Pois que así sexa, entrementes o Corpo Técnico e a directiva choqueira seguen a configurar o o plantel do primeiro equipo que aínda que vai collendo forma, todavía non está pechado.