O xoven xogador, con formación en Redondela, procede do Juvenil División de Honor do RC Celta.

Un novo reforzo no plantel choqueiro. O dianteiro- centro Óscar Gil sumábase á disciplina do Corpo Técnico do CD Choco, fai algunhas semanas e o fixo para quedarse.Gil, que disputou os últimos amistosos vestido coa equipaxe redondelá, amosábase moi contento na súa presentación na que declaraba que finalmente optou por volver a Redondela, onde se formou como xogador na escola da base, por varios motivos “pola confianza mostrada por parte do Club, polo modelo de xogo do equipo e porque xa coñecía ao club e a moitos dos

meus compañeiros cos que xa xoguei”. E como non cabía esperar doutra maneira, o recibimento foi moi bo “a verdade é que me acolleron moi ben no club pero tamén teño que recoñecer de que o tiña fácil”.

Aínda que leva moi pouco tempo integrado no grupo, Óscar Gil admite que “o proceso de adaptación está sendo moito mellor do que me esperaba. O estilo de Gonza e a dinámica do equipo fai que esté sendo moi cómodo”. E gran parte de culpa “a teñen meus compañeiros que me axudan cada día. Somos un grupo moi unido”.

Nos últimos 8 anos milito unas categorías inferiores do RC Celta de Vigo, o pasado curso o faría no Xuvenil División de Honra do conxunto celeste; polo que Oscar Gil ademáis de club, equipo e vestiario estréase na categoría, na Terceira División. O xogador chega ao CD Choco con a intención de “encontrar unha continuidade no equipo e adquirir certa importancia dentro del” e todo isto dentro nunha tempada que considera “atípica coas novas normas” aínda así “temos que dalo todo dende o principio para lograr bos resultados”.

Óscar Gil ao igual que o resto de equipo “teño moitas gañas de comece a Liga e de facer un gran ano a pesar das dificultades deste novo formato”.