2 goles de Fran Monroy, 1 tanto de Martin e o de Alberto Suárez quen abriu marcadou dou unha merecida vitoria aos de Gonza Fernández.

A xornada de hoxe presentábase fundamental para as aspiracións choqueiras despois de dúas derrotas consecutivas que os alexaba do obxectivo principal desta tempada.

Ainda que os ánimos e a confianza estaba intacta as gañas de puntuar do equipo choqueiro eran evidentes e así o demostrou dende os primeiros intres nos que a escuadra choqueira saía a morder.

Con Cortegoso baixo paos, Gonza optaba por Doval, que se estreaba no 11 titular xunto con Alex Figueroa, Samu, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Martin, Fran Monroy, Iano e Mario aínda que tamén disfrutarían de minutos Yago, Antón, Jar e Rancaño.

Por parte da UD Ourense o farían Dani, en portería, Varo Fernández, Alfredo, Pablo Corzo, Gabi Sanín, Hugo García, Champi, Migui, Raúl Melo , Carlos de Dios, e Villa.

Con todo disposto no campo comezaba, axeno aos siareiros que acudían a Santa Mariña, un espectáculo de goles a pro do equipo local. De fetio case sen tempo para acomodarse nas bancadas e na primeira xogada a balón parado, Alberto Suárez abriría a saca a favor dos seus cun tiro de falta que clavou sen compasión nas redes ourensás.

Co 1-0 no marcador empezábase a respirar tranquilo a pesar do tempraneiro que era pero como ben se sabe o que ben empeza ben acaba e así foi. O equipo ourensá non era capaz de batir a defensa redondelá creando, consecuentemente, poucas ocasións de perigo no área defendida por Cortegoso. Aínda así Melo tería unha ocasión que quedou nun intento. Corría o minuto 15 mais dous despois aumentaría a ventaxa Fran Monroy que non desaproveitaría un centro de Iano, marcando así o segundo tanto para os choqueiros.

Ledicia era o que estaba a vivir a afición redondelana pero teria máis motivos para disfruta co terceiro tanto, nesta ocasion de Martin tras un robo no medio campo de Monroy quen será quen da o pase en profundida e que o xove xogador non erra colocando o balón na escadra.

3-0 era o resultado sen chegar aínda ao ecuador do primeiro tempo e lonxe de acomodarse e confiarse, os choqueiros seguiron loitando e mostrando a esencia dun equipo que había xornadas que non amosaba.

Sen tempo para máis chegaría o final da primeira parte.

Final do primeiro tempo: CD Choco 3-0 UD Ourense

Unha festa era o fortín redondelá. E aínda que comezaba este segundo tempo cunha ocasión do Ourense na que Cortegoso tivo que emplearse a fondo baixo paos para evitar o primeiro tanto do rival. Minutos despois chegaría o cuarto da tarde para os redondelás de novo coa firma de Monroy.

Pero non todo ía ser alegría pois Mario vería cartón vermello e sería mandado ás duchas antes de tempo. Corría o minuto 64 e moito partido por diante para xogar cun xogador menos.

Aínda con esta circunstancia en contra o CD Choco defendeu o resultado até o final do partido sumando así 3 importantes puntos que os achega un pouquechiño máis a permanencia.

Final do partido CD Choc 4-0 UD Ourense