Intenso partido cun resultado de 3-1. Os goles choqueiros foron de Comis, Samu e Guille. O do CD Ribadumia autor Monchito.

Partido de infarto o vivido esta tarde en Santa Mariña. Chegaban a esta xornada os choqueiros e os do CD Ribadumia empatados a puntos e deste encontro dependía pasar unha semana tranquila nos posto altos da táboa ou sufrida na parte baixa. Por sorte e grazas ao gol de Guille no 92, os choqueiros facturaron os tres puntos da xornada.

Non hai mellor maneira de comenzar as cousa que polo principio así que saltaban ao terreo de xogo por parte do CD Choco: Cortegoso, baixo paos, Samu, Yago, Comis, Caloi, Davicin, Félix, Martin, Ranca, Iano e Mario. Na segunda parte entraba Alberto Suárez, quen regresaba ao terreo de xogo logo dunhas semanas lesionado, Oscar Gil, Anón e Guille.

No CD Ribaduia saltarían no 11 inicial; Barca, na portería, Diego, Cheri, Giraldez, Miguel Vázquez, Alex Fernández, Óscar martínez, Javi Domínguez, Charles, Monchito e Santi.

Así as cousas comezaba o encontro cuns minutos inicias nos que se palapaba xa a importancia deste partidos para os dous bloques. Cun tanteo inicial típico de todolos partidos para facerse co control do esférico o bloque redondelá xa deixaba mostras de que quería os 3 puntos. De feito sería Davo quen o intentaría nos comezos, exactamente no minuto 6 pero cun tiro débil que non atinou a entrar na rede rival.

Cun Choco moi metido no partido, intentaba crear ocasións con chegada a área do Ribadumia pero sin a penas perigo, contraria situación o do Ribadumia que si ben e certo chegaban moito menos sí que o facían con máis perigo tendo que emplearse a fondo Cortegoso baixo paos.

Comis e de novo Davo terían dúas boas ocasións para adiantar aos seus mais de novo perdoarían, máis que non perdoría sería o CD Ribadumia na contra no que Monchito nun cara a cara con Cortegoso define ben e con premio. Corría o minuto 35 e as cousas se poñian feas para o CD Choco a quen lle tocaría remar en contra unha vez máis.

O CD Ribadumia tería ocasión de ampliar distancias no marcador e en esta ocasión sería a man de Cortegoso quen salvaría os seus tralo tiro de Charles.

O partido chegaría á final do primeiro tempo co 0-1 no luminoso redondelá.

Final da primeira parte: CD Choco 0-1 CD Ribadumia.

 Tralo paso por vestiarios de novo sairía o Choco moi metido no encontro e con gañas de por fin a escasez goleadora. Na primeira chegada clara, no 50, Comis marcaría o empate tras un pase ao área que rematou con contundencia.

Co 1 a 1 o partido crecía máis se cabe en intensidade. Os dous equipos querían os tres puntos. Antes do segundo tanto choqueiro, os de Gonzalo Fernández tería unha nova ocasión a balón parado por unha falta que sería xogada por Martín.  Pero aínda que no souberon aproveitar esta oportunidade si o fixeron no 57 cun Gol de Samu dun remate de cabeza.

O CD Choco lle daba a volta ao marcador en tan só 7 minutos pero quedaba moito tempo por diante e todo podía pasar. As ocasións se sucedían para ambos bloques. Pero o susto quedaría no corpo tras un tanto do Ribadumia que anularían por fóra de xogo.

O CD Choco quería seguir aumentando a distancia no marcador. De novo Davo buscaba un gol que non chegaba e Comis tamén tería outra ocasión clara pero non eran quenes de ampliar o marcador. Así ata que Guille no 92 marcaría o terceiro tanto definitivo que daba a vitoria a equipo choqueiro.

Final do partido: CD Choco 3-1 CD Ribadumia