0-2 foi o resultado final dun partido que dominaron os de Gonza. Vitra e Tomás foron os autores de sendos goles.

Ás 17.30 era a hora marcada para o encontro correspondente á décima xornada de Liga. Unha xornada na que urxía puntuar ós choqueiros, non tanto pola necesidade clasificatoria senón máis ben por cambiala racha na que estaban sumidos dende alguns partidos a esta parte.

Quizá o campo, o Porta Santa, non era o propicio para recuperar a senda da vitoria, debido á complexidade que supón puntuar na casa do UD Paiosaco. Pero a escadra vermella sabía que tamén era unha boa oportunidade para reconciliarse co gol. E así fixeron.

Saltaban ao campo larachés por parte dos locais, Rama, na portería, Popi, Gamallo, Edu Días, Pablo, Jorge González, Eiroa, Javie Fuentes, David González, Juan de Dora e César Rodríguez.

Por parte do CD Choco o 11 de inicio estaría formado por Cortegoso, baixo paos, Yago, Aitor, Alberto Suárez, Vitra, Caloi, Yerai, Sergio, Adrián, Félix e Martín. Aínda que tamén disfrutarían de minutos Abelleira e Comis.

Cos 22 xogadores no terreo de xogo, daba comenzo un partido que se prometía intenso dende os minutos iniciais e non defraudaron ningún dos dous bloques. O Choco xa daba señas de querer levala batuta e así o fixo durante toda a primeira metade. De feito aos 18 minutos do comezo Vitra adiantaría aos seus co primeiro tanto do partido.

Coa ventaxe no marcador os xogadores choqueiros foron amosándose máis cómodos o que fixo que as ocasións de tiro a porta e chegadas a portería rival fosen máis contundentes. De feito, un minuto despois do tanto de Vitra o intentaría Martín cun tiro certeiro que finalmente se estrelou contra o pao da portería larachesa.

Se ben e certo que houbo un minutos de embarullamento de novo os choqueiros tomaron o control da situación e seguiron intentando ampliar distancias con accións de Yerai, Aitor ou Adrián. Os locais tamén tiveron unha ocasión clara para empatalo encontro antes do descanso pero finalmente a hora do recreo chegou co 0-1.

Final da primeira parte: UD Paiosaco 0- 1 CD Choco

Tralo tempo de descanso reanudouse o partido no que se mantía a tónica da primeira metado. Un Choco completamente metido no partido, dominaba o encontro aunque eso sí, sen lograr materializar a súas chegadas á portería de Rama. De feito a máis clara ata o momento a tería Yerai nos seus pés, logo dunha boa xogada pola banda do equipo que centran a Yerai cuxo remate se vai fóra.

As ocasións sucedíanse para ambos equipos pero ningún era quen de atinar o esférico dentro da rede rival. Parecía que a xogada, case encima do tempo reglamentario, de Comis quen tivo a oportunidade de marcar o segundo para os dous, sería a última oportunidade do equipo redondelano. Pero sería Tomás xa en tempo de desconto quen subiría o derradeiro e definitivo gol do partido.

Final do partido: UD Paiosaco 0-2 CD Choco

Cos tres puntos desta xornada os choqueiros mantéñense en quinta posición igualado a puntos co CD Barco, a un do Arosa SC, terceiro clasificado, a tres do segundo clasificado, a SD Compostela e a seis do Ourense CF, o líder da categoría.