Cun xogador menos os de Gonzalo Fernández empataron o encontro cun tanto de Samu.

O CD Choco estreaba ano esta tarde como a todo futbolista gústalle facer, xogando ao fútbol. E así o facían os de Gonzalo Fernández tralo parón pola festividade de Nadal, disputando o partido aprazado da sexta xornada.

Que había ganas de Choco non cabía dúbida, a afición respondeu e completou o aforo limitado para esta xornada. E co himno e aplauso dos siareiros como telón de fondo saltaban ao campo: Cortegoso, baixo paos, Samu, Comis, Caloi, Davo, Félix, Martín, Antón, Guille, Mario e Jar aínda que tamén disporían de minutos Iano, Óscar Gil, Doval e Rancaño.

Por parte do equipo visitante Diego, na porteria, Ronald, Sombri, Jony, Kopa, Manu Vilán, Sergio, Toti, Kiko, Javi e Mouriño sería o once elexido por Tizón.

O arranque do encontro sería co tanteo inicial por parte dos dous bloques par aver que se facía con control do esférico e por tanto do partido. Pero pronto os de Gonzalo Fernández, comezaron a levar o timón do encontro aínda que pronto o que deixarían de dominar sería o luminoso do que se fixo dono o Atios no 17 tras un perda de balón choqueiro no medio campo que aproveitou o equipo visitante para rompela saca ao seu favor. Un primeiro tanto marcado por Kiko quen subiría o 0-1 ao marcador choqueiro.

Coa templaza que lle caracteriza ao equipo choqueiro, seguiu facendo o seu xogo e logo dunha boa ocasión de Davicin ante que se interpuxo a madeira, na seguinte no 21 cun gran centro a Félix, quen só tivo que empurralo balón entre os tres paos, daría o pase do tanto que supuxo o empate.

Co 1 a 1 no marcador o encontro convertiríase nun ida e venida de os dous equipos con chegadas que finalmente non materializarían chegando ao tempo de lecer sen cambios no resultado.

Final do primeiro tempo: CD Choco 1-1 UD Atios.

 Tralo paso por vestiarios ninguén predeciría o final de infarto que se viviría en Santa Mariña.  Unha volta ao campo no que ao CD Choco parece coustoulle un pouquiño meterse no partido nos primeiros inters deste segundo tempo. De feito aos cinco minutos os porriñenses avisarían cunha xogada ensaiada de saque de esquina que Cortegoso despexaría novamente a corner o cal finalmente xogaríase sen perigo para os intereses choqueiros.

Tras este, unha nova ocasión do equipo visitante deixaría ao descuberto o interese do equipo de facturar os tres puntos da xornada. Insistían sobre a portería de Cortegoso e como quen a segue a consegue unha pena máxima a seu favor e coa expulsión de Guille por dobre cartón amarelo porían entre cordas ao equipo choqueiro. A pena máxima materializado por Manu Vilán quen subiría o 1-2 para o equipo de Porriño.

Cun xogador menos e co resultado en contra os choqueiros terían que afrontar os derradeiros 25 minutos do encontro. Pero en contra do que se podia supoñer, o CD Choco lonxe de amilanarse resurxiu e quemou todas as súas balas nun partido no que nos minutos finales ben puideron facerse cos 3 puntos.

Unha nova ocasión de Davicín no 84 arrancaría o aprauso dos siareiros e de novo no 86 Samu en contra do previsto subiría o empate no marcador.

Co 2 a 2 os choqueiros dobregaron forzas para sumar os 3 puntos  insistindo na portera de Diego, sendo Ósccar Gil quen tivese a mais clara nun cara a cara co porteiro rival, pero o balón lanzouno alto. Tras esta dous ocasións máis para a escadra redondelá que non foron quenes de materializar, tendose que conformar con reparto de puntos.

Final do partido: CD Choco 2-2 UD Atios.