O partido, aprazado na sexta xornada, xogaráse ás 16.00 horas en Santa Mariña e será televisado por TVG 2

Esta tarde Santa Mariña acolle o partido aprazado da sexta xornada entre o CD Choco e o UD Atios. Unha xornada que se presenta importante para o equipo choqueiro trala derrota na derradeiro partido do ano ante o CD Pontellas. Falamos con Mario García quen nos asegura que “o vestiario está bastante tranquilo xa que sabemos que os resultados chegarán”. E que unha suma faise imprescindible para non saírse da parte alta e así nolo confirma o xogador choqueiro “son fundamentais os tres puntos”.

Pero como todo partido que se presenta “é un equipo bastante compricado de ganarlle” xa que para él “é un rival moi físico, que nos van presionar e por moi difícil o partido”, polo que será fundamental “estar concentrados durante os 90 minutos”. E como non podería ser de otra maneira para Mario a clave do partido “estará en que o CD Choco leve o partido cara o seu xogo”. E por isto asegura que “veremos un equipo concentrado, que saldrá coa ambición de gañar os 3 puntos e sempre fiel ao seu xogo”.

Unha xornada máis dunha liga “complicado polo seu formato. O importante é que vaiamos sumando de 3 en 3”.

As 16.00 horas dará comezo o partido que será televisado por TVG2