Félix: “A clave está en sumar os máximos puntos na casa”. O domingo ás 17.00 horas dará comezo a competición ligueira en Santa Mariña

 Este Domingo volve a competición ligueira. O balón voltará a rodar polos céspedes dos distintos clubs e entre eles  no campo de Santa Mariña nunha primeira xornada desta atípica tempada 20-21 na que o CD Choco recibe ao Rápido de Bouzas.

Unha tempada que chega condicionada pola situación sanitaria que estamos a vivir a cal alterou o formato de competición, restrinxiu o aforo dos siareiros pero a quen non lle gañou a batalla foi a ilusión e as gañas de seguir disfrutando do deporte rei e así nolo confirma Félix, xogador co que falamos esta semana “despois de sete meses sen xogar o que necesitamos é competir polo que afrontamos este primeiro partido con moitas gañas”.

Unha primeira xornada que empeza cun prato forte. O CD Choco recibe ao Rápido de Bouzas, que aínda que a tempada pasada non fixo un bo curso, este ano reforzou a súas filas co fin de facer un bo curso. Un vello coñecido para os de Gonza e sobre o que Félix opina que “é un rival moi forte, con moito ritmo, que se reforzou moi ben. É un equipo con xente xoven pero tamén cuns veteranos que coñecen moi ben a categoría, así que non nolo pondrán doado”. Por iso o xogador choqueiro sabe que esta primeiro exame desta tempada será “difícil. Penso que será un partido que se resolverá por pequenos detalles” e a clave estará en que “sigamos sendo, ao igual que nestes últimos anos, un rival díficil de batir no noso feudo”. Algo necesario porque o novo formato de competición non permite moitos erros “é un tanto peculiar polo que hai que empezar sumando para poder vivir unha primeira fase con calma”.  Un formato que non permite moita marxe de erro polo que Félix pensa que “todo pasa por sumar moito na nosa casa. Nos últimos anos a todos os equipos lles costa sumar en Santa Mariña polo que penso que temos que seguir por esa línea, mantendo a nosa fortaleza, concedendo moi poucas ocasións de gol e nós seguir xerando moitas ocasións”.

Pero é algo que, a priori, e vendo o grupo onde lle tocuou competir ao CD Choco non asemella tan fácil. O plantel choqueiro competirá no denominado Subgrupo Sur con equipos “cun potencial económico importante, a maioría reforzóuse moi ben con xente contrastada na categoría e en categorías superiores, e por tanto, con equipos con moi alto nivel. É un grupo compricado pero a súa vez moi bonito”, reflexiona os xogador choqueiro.

Félix está seguro que os siareiros que acudan a animalos verán a un equipo “que quere ser potagonista co balón, xenerando moitas ocasións e que cada vez que perda o esférico tratará de recuperalo o antes posible. Verán a un equipo que cree no que fai, con novos conceptos e variantes que cada nova tempada supoñen un alicente a pesar de manterse a mesma filosofía de xogo”.

Novas variantes que levan practicando dende o comenzo dunha pretempada atípica no que o equipo choqueiro comezou cunhas sesións sen contacto nas que “era todo moi frío, ninguén sentíase cómodo, pero era unha situación que tivemos que aceptar e á que tivemos que adaptarnos, polo que o intentamos levalo da mellor maneira posible”. Tampoco xogaba a favor dos futbolistas “a incertidume de si finalmente ía comenzar a competición. Pero xa pasou. Empezamos este domingo e con moitas gañas de que chegue o día”.

O CD Choco chega a esta primeira xornada con moitas caras novas no equipo, xogadores xóvenes que xa están completamente integrados no grupo. Sobre estas novas incorporacións Félix opina que “só podo decir cosas boas, é xente xoven que chega con moita ilusión, con moita fame e con moitas gañas de facer as cousas ben; e todo isto é moi bo para o grupo” e que para o xogador “a combinación entre veteranía e xuventude sempre da resultado en Redondela”. Eso sí tamén cree que “aínda que ao equipo o vexo moi ben, despois da pretempada na que os resultados acompañaron e nos deron un plus de confianza, creo que a marxe de mellora é moi grande, porque obviamente aínda estamos empezando. Este ano pode ser o propicio para que moitas das nosas incorporacións se asenten na categoría e penso que co paso das xornadas son xogadores que irán a máis porque teñen moito talento; e en canto collan moitos máis minutos e confianza irán a máis e eso fará que o grupo tamén vaia a máis”.

Pois este domingo comeza o camiño pola Terceira División na que o CD Choco pasiño a pasiño seguirá escribindo un novo capítulo da súa propia historia esperemos que ao final desta tempada tan peculiar o faga con letras capitulares.

O CD Choco non estará so, mais tampouco estarán todos os que son; pois o aforo nos partidos é limitado ao respecto Félix recoñece que “esperemos que pronto toda volva a normalidade e podamos ver as bancadas cheas para que todos podamos volver a disfrutar do fútbol”.

Dende o club recordan que até hoxe a última hora os siareiros que queiran ver o partido, se son socios, poderán reservar a entrada ven por WhatsApp o por mail e dende o club se pide a colaboración de todos baixo o lema #ConSentimentoChoqueiroPeroConSentidiñoComún, e que cumpran e respeten todas a medidas acadadas para o bo funcionamiento e desenvolmento dos partidos na casa.