O club redondelano ten previsto facer da xornada 18 un día de festa cunha sesión vermut que dará comezo ás 11:00 horas.

O CD Choco recibe este domingo ás 12:00 horas ao terceiro clasificado, o CD Barco que chega a Santa Mariña con 34 puntos, seis máis que o equipo dirixido por Gonza. A complexidade do partido é evidente e así o confirma o técnico vermello “sabemos que enfronte teremos a un gran equipo, cunhas individualidades moi importantes dentro da categoría e que manexa moitos rexistros” mais “nós queremos facernos fortes na casa e por iso ímos loitar por unha vicotira para seguir sentindo esta fortaleza”.

Logo do parón ligueiro ao que os choqueiros chegaron cunha derrota nas súas costas na casa do líder, a SD Compostela, “o escenario é totalmente diferente e o rival tamén”. Un parón que chegou coa festividade do Nadal na que se renovaron os propósitos e o primeiro deles é “comezar o ano cunha victoria”, recoñece Gonza. E para iso terán que “igualar o ritmo que o rival lle mete a cada encontro e levar o partido ao noso lado tendo o balón e xerando maiores ocasións de gol para incomodar ao CD Barco dende o inicio”.  E todo isto pasa por “minimizar as virtudes do rival, que son moitas, que é o que estivemos a traballar durante todala semana, e en estar o máis cómodos a nivel ofensivo e sufrir o menos posible a nivel defensivo”.

E que ao final a clasificación no é a que manda, “aínda que sabemos que vai a ser un rival que nos vai a esixir moito tamén sabemos que si somos capaces de estar a un nivel alto a eles tamén lles vai costar moito levarse a victoria de Redondela”.

Gonza asegúranos que “foi unha semana na que vamos recuperando a normalidade en canto aos adestramentos nos que, de novo, os xogadores rendiron moi ben”.

Gonza terá todo o equipo a súa disposición excepto a Caloi e Aitor que causan baixa por sanción.

Lembrar que antes do partido o clube celebrará unha sesión vermut para festexar cos siareiros a festividade do Nadal e brindar con eles pola chegada do novo ano no que esperamos que o CD Choco cumpra todolos seus propósitos.