O encontro se celebrará, unha xornada máis, a porta pechada

Unha nova ocasión a que se lle presenta ao CD Choco para sumar 3 puntos que serán moi valiosos de conseguilos. Mais enfrente non ten presa fácil. O equipo redondelá recibe ao Arosa SC, segundo clasificado ao que tan só un punto o separa do liderato, posto que xa saboreo ao longo desta tempada.

Quizáis o factor cancha sexa o que ten que aproveitar a escadra choqueira para seguir facendo de Santa Mariña un auténtico fortín, máis por segunda xornada consecutiva no contarán co apoio da afición polas restricción sanitarias que continuarán, en principio até o 14 deste mes. “A falta de público é moi triste pois non é concebible o fútbol coas bancadas baleiras. Sí penso que é un factor en contra, pero non só para o equipo local senón tamén para o visitante; porque ao final estás acostumado ao griterío que supón sempre un respaldo. Agora os partidos sen público asemellan aos partidos de adestramento”.

Quen fala é Antón Vázquez, xogador choqueiro quen recoñece que o rival que este domingo nos visita é “moi duro. É un dos candidatos a optar polo máis alto na Liga” pero aínda así ten claro que o seu equipo sairá a “facer o noso traballo para non perder puntos, eso o primeiro, e logo ir a pola vitoria como facemos en tódolos partidos”.

Antón sinala que o Arosa SC “traballa moi ben como conxunto, como equipo, pero arriba tamén ten moito talento; con xogadores que con moi pouco pódenche facer moito dano”.  Por eso para o xogador a clave estará “nunha defensa en bloque e en aproveitar todalas oportunidades que se nos presenten e intentar metelas todas”.

O xogador choqueiro non quere pensar máis aló deste partido, “o único que penso é en gañalo, ¿a onde optamos na táboa clasificatoria?, xa o vamos vendo cada partido”, pero o que sí ten claro é que intentarán aproveitar que xogan na casa para sacar o maior rédito “nós en casa somos un equipo moi bo, ao que é moi complicado facerlle dano, pero hai que intentar sacar os 3 puntos”.

3 puntos moi importantes como os de cada xornada. E que está tan igualada a clasificación que unha vitoria pódeche facer subir uns cantos postos como unha derrota hundirte na cola da clasificación. Arenteiro, Arosa e O Barco son os tres equipos os que encabezan esta clasificación con 26, 25 e 22 puntos respectivamente. Pero séguelles de preto o Arenteiro e o Choco con 21 puntos; polo que unha vitoria al menos asegura seguir optando a cotas maiores que á permanencia.

A pasada xornada, logo dunhas cantas en dique seco, o CD Choco reconcilouse co gol. Ao respeto Antón é dos que pensa que “ia sendo hora que así fose. Eu creo que tivemos moi mala sorte de cara a portería, porque si vemos os partidos en case todos, merecimos moito máis que o premio que levamos. Aínda que tamén penso que é cuestión de xeiras que a veces te chegan de cara e outras todo o contrario”.

Antón Vázquez é un das caras novas esta tempada e confesa que “dende o primeiro momento me sento moi ben neste equipo porque é un vestiario moi cercano e estou contento porque estou contando con minutos e intento aportar sempre o máximo en cada partido e intentando facer sempre o mellor posible”.

Este domingo ás 17.00 horas CD Choco vs Arosa SC no campo de Santa Mariña.