O plantel vermello viaxa coa intención de facturar os tres puntos da xornada.

O Domingo ás 16.45 horas o CD Choco ten unha cita en San Campio para disputar a onceava xornada de Liga contra o CD Pontellas. O equipo porriñés non tivo bo comezo de tempada, de feito a tales alturas sitúase na duodecima posición con dous puntos colleitados de dous empates.

Pola outra parte, o CD Choco chega a San Campio, en quinta posición con 14 puntos, dos cales os 4 últimos resultado de catro empates, e un partido menos. Parece que nestas derradeiras xornadas se lle resiste a vitoria por iso Elias, xogador co que falamos esta semana, insiste na idea de viaxar a Porriño coa intención de “sumar os tres puntos”. Aínda que o obxectivo fudamental do equipo é a permanencia non queren estar lonxe dos primeiros postos así que “seguiremos loitando para finalizar a tempada o máis arriba posible

Elías, ex xogador do equipo porriñés, confesa que para el será un partido emotivo “xa tiña gañas de que chegara vai ser un partido moi bonito” pero tamén complicado porque aínda que a táboa clasificatoria fala por sí sola, os de Gonzalo Fernández non se fían “si están en Terceira División é por algo”, admite o xogador. Non se fían do rival pero sí confían neles mesmos polo que Elias asegura que o equipo “chega bastante ben a esta xornada anímica e físicamente”. Aínda así, Elías coñecendo ao equipo rival se algo ten claro é que vai ser “un partido complicado e competido”.