O Domingo é o día e as 16.30 a hora e Santa Mariña o campo ao que saltarán choqueiros e ourensanos nunha loita para levarse os tres puntos da xornada que se presentan importantes para ambos conxuntos.

Compricado o compromiso ligueiro desta fin de semana para o plantel vermello. Ás 16:30 horas o CD Choco recibe no seu feudo, Santa Mariña, ao líder da categoría, o Ourense CF. O conxunto ourensá sitúase na primeira praza da táboa clasificatoria con 32 puntos, 11 máis que os redondelanos, posicionados no sexto lugar a dúas victorias dunha praza nos postos de play off.

Os números do clube ourensano non deixa dúbidas que é un dos favoritos a optar a esas catro prazas que te otorgan o dereito a xogar por o ascenso mais aínda queda moita tempada por diante. 10 partido gañados, 2 empatados e tan só un perdido son os números que o avalan. O conxunto de Fran Justo non saborea o amargo sabor da derrota dende a segunda xornada de liga, e chegan a Redondela co obxectivo de ampliar este bo momento a nivel resultados. “O equipo está nunha dinámica excelente e compite de maneira increíble”, comenta Gonza, técnico do CD Choco respecto ao equipo ourensá. Mais os seus non llo van pór fácil, xa que queren resarcirse da última derrota en Somozas.

Mario García, xogador choqueiro, asegúranos que “afrontamos este partido con moitas ganas e ilusión. Xa podía chegar o Domingo para xogar o partido e competir” porque “intentaremos sacar os 3 puntos para deixar constancia de que o Choco é moi bo equipo”. Entrementes o técnico Gonza pensa un pasiño máis aló e afirma que “choque é moi importante para nós xa que se conseguemos sacar os 3 puntos sería un golpe anímico bastante salientable porque nestas últimas xornadas os resultados non reflexan o nivel de xogo no que estamos”. Respecto a isto

Mario coméntanos que, a pesar da derrota colleitada a pasada xornada en Somozas, o equipo chega en un estado óptimo, emocionalmente falando, porque según o xoven xogador “durante a semana estamos a traballar ben e iso se reflexa no campo”, o que sí é certo puntualiza e que “nos falta materializar algunhas das moitas ocasións de gol que xeramos durante todo o partido. Pero persoalmente estou tranquilo porque estou seguro que cando entre a primeira, entrarán o resto”. De feito, Davicin ve “moi ben ao equipo. Se ben é certo que logo de ser líderes e gañalo todo a xente poida pensar que estamos mal, pero para nada. Ademáis esta tempada contamos cun moi bo plantel que adestra moi ben durante toda a semana factor moi importante porque nos permite competir sempre”.

Centrándonos no choque deste Domingo, Mario é consciente de que o rival “vainos a esixir moito pero confío moito no equipo” e unha das razóns é “que teñene unhas individualidades moi destacables dentro da categoría”.

Se a Davicin non lle caben as dúbidas de onde estará a clave do partido “en manter a portería a cero”, Mario explallase un pouco máis e dinos que para él “a clave estará na posesión do balón, xa que somos un equipo ao que lle gusta ter a pelota, e en facer entrar no noso xogo ao rival. Ademáis non podemos conceder ocasión ao rival”. Tendo en conta todos estes condicionantes Gonza insiste na importancia de “estar moi concentrados durante os 90 minutos porque en calquera acción pódenche facer un gol, ademáis de que defensivamente son moi bos”. Pero “nos sabemos o que debemos e queremos facer e así o faremos”, conclúe o técnico de Mougás.

O Santa Mariña pódese convertir en un factor a favor dos choquieros porque xa de por sí é un campo onde “é moi compricado gañar”, dinos Davicin.

Por iso a afición esta fin de semana poderá converterse no duodécimo xogador e os xogadores son conscientes disto por iso Mario anima aos siareiros a que se acheguen ao Santa Mariña  “para que nos anime como sempre o fai porque é un luxo ter os siareiros que temos, e que veñan máis, porque seguro que con todos eles sacaremos o partido para adiante” ao que engade Davicin “nos anime como sempre porque as vitorias chegarán” e por que non este domingo?