Duelo de galos no Santa Mariña. Tan só un punto separa ao equipo redondelán do UD Ourense. Falamos con Gonza e con Adrián, adestrador e xogador do equipo choqueiro.

“Necesitamos o apoio da afición”, claro e contundente mostrábase Gonzalo, técnico do CD Choco, na conversa sobre o choque que este domingo ten o seu equipo ante o UD Ourense. Ás 17.00 horas dará comezo en Santa Mariña un dos partidos mais atraientes da xornada. Se xa de por sí a competición ligueira está emocionante tanto nos postos altos como baixos da táboa clasificatoria, a xornada 23 deixanos duelos directos. Tan só un punto separa ao CD Choco, na octava praza con 33 puntos, do UD Ourense, 7º con 34 puntos.

Logo de levar varias xornadas sen degustar o doce sabor da vitoria, para Gonza o encontro do domingo adquire importancia, non menos ca outros pero quizáis si un pouquiño máis, porque “queremos volver a sumar de 3 en 3 na casa e recuperar a senda da vitoria”. A verdade e que a pesar do bo xogo desplegado polo equipo vermello “a vitoria se nos resiste últimamente a pesar de estar competindo ben”, afirma o adestrador, quen analiza a importancia destes 3 puntos “achagaríannos moito ao noso obxectivo ademais de manternos nos postos de arriba. Temos que sumar e sumar até certificar a permanencia”.

Tamén falamos cun xogador, ex do equipo ouresán, Adri, quen enfronta este partido “cun puntiño máis de motivación porque é moi bonito enfrontarte aos equipos nos que xogaste”, eso sí, “sen volverse tolo e sen facer nada especial, pero sí é certo que nestes partidos contra antigos compañeiros sempre o queres facer ben”. E ben que o fixo no partido da primeira volta, pois foi Adri quen marcou o único gol que se celebrou no O Couto e supuxo a vitoria choqueira.

Adri, aínda que non lle gusta otorgar á sorte o devenir dos partidos sí recoñece que a fortuna últimamente dálles as costas “en accións puntuais”, pero está seguro que tal e como están adestrando e traballando o signo da sorte cambiará e os “resultados chegarán por sí sós. Son situacións da tempada, que é moi longa, na que tódolos equipos pasan por picos nos que todo ou nada sae ben”. Polo que o xogador recoñece que “as sensacións cada vez son máis boas xa que temos máis o balón e xeneramos máis”, e nos asegura que “de tódalas maneiras ao final do campionato todos estaremos onde teremos que estar”.

Aínda son moitas as xornadas, os partidos, a emoción e o nervios que quedan por vivir co equipo choqueiro até ese final da tempada. Pasiño a pasiño, e partido a partido, así é como lle gusta pensar ao xogador porque facelo a longo plazo “de nada sirve, porque as contas non sempre saen”.

Seguindo o consello do xogador, centrámonos no partido desta fin de semana, o da xornada 23. Logo de 4 xornadas sen gañar e con 2 puntos facturados dos 12 posibles, Adri afirma que enfrontan este partido “con moitas ganas de sumar os 3 puntos, pero non con urxencia. Temos ganas de sumar 3 por nós mesmos, porque queremos que se vexa reflexado todo o traballo que levamos detrás” razón pola cal espera que “sexa este partido no que rompamos con esta dinámica e podamos encadear bos resultados”.

Coñecedor do rival pensa que a clave estará “en nós”, así de contundente móstrase o xogador ao respecto, pero “non só neste partido senón en todos. Ademais de ter datos do rival, que sí que son importantes, o que temos que facer é centrarnos en nós. Se estamos ben defensivamente, non concedemos a balón parado, que é algo que sufrimos, a partir de aquí se temos o balón poderemos facerlle dano a calquera. E logo ter ese acerto nos últimos metros que nos está a faltar nestes últimos partidos”.

Aínda así, Adri cree que “UD Ourense ten un equipo moi completo, compiten moi ben e loitan todolos balóns e teñen moi boas individualidades que poden desequilibrar o partido coma Marquitos, Rubén, xogador con moita experiencia, ou Iago. Na parte de arriba teñen moito perigo e na de atrás teñen xogadores moi experimentados que coñecen moi ben a categoría e con experiencia en categorías superiores”. En definitiva, “é un equipo que compite moi ben e nós temos que estar moi ben para poder sacar os 3 puntos”.

Adri adota a visión como siareiro e como xogador, e non dubida que para ámbolos dous é un partido “moi apetecible porque é un rival que está a un punto por enriba de nós. Creo que será un partido moi bonito” por eso anima a que os siareiros acudan ao Santa Mariña onde o domingo a partir das 17.00 horas convertiránse nun xogador máis.