Por iso non pode faiar ante o Deportivo Fabril, este Domingo ás 17.00 horas en Santa Mariña.

A falta de 3 xornadas para a conclusión deste curso ligueiro, ainda queda por verse quenes son os dous equipos que acceden a xogar a fase de ascenso a Segunda División B. Dúas plazas e tres son os candidatos que parecen con máis opcións na pugna por unha plaza no play off. E entre eles e, como non podía ser doutra maneira, o CD Choco é un firme candidato para elo.  Con 40 puntos sitúase en terceira posición, detrás do CD Estradense co que comparte número de puntos e o Racing Club Villalbés que se sitúa na cabeza da clasificación con 43 puntos.

Así as cousas, de novo o partido deste domingo ás 17.00 horas se presenta como unha final, na que os de Gonza, terán que evitar o tropiezo se queren seguir vivos nesta loita. 3 puntos que se presentan fundamentais para as súas aspiracións pero que teñen a mesma importancia para o resto de equipos. Por iso no será doado pois enfrente terán ao Deportivo Fabril, ao que venceron na primeira volta desta segunda fase por 1-2 e quen chega a esta xornada coa intención de non quedarse totalmente descolgado dos primeiros postos; 7 puntos os separa do billete cara o play off.

Nova xornada, e nova oportunidade para seguir firmando unha tempada maxistral por parte dos de Gonza, nos que a confianza e a ilusión sempre estivo intacta a pesar dalgunhas malas xeiras. Ilusión compartida polos siareiros que en nigún isntante deixaron de alentar ao equipo e que, seguro, seguirán a facer o resto de xornadas.