2-1 foi o resultado final na primeira saída choqueira ao campo do Ribadumia.

O CD Choco viaxaba ao campo da A Senra, no que sería o seu primer desprazamento desta tempada. En fronte esperáballe un recén ascendido, o CD Ribadumia, que quería aproveitar a fortaleza de verse no seu feudo para sumar por segunda xornada consecutiva. Obxectivo compartido co bloque choqueiro que viaxaban coa intención de sumar a sua primeira victoria a domicilio da tempada.

Por parte dos locais saltarían ao campo: Roberto Pazos, baixo paos, Diego Abal, Cheri, Miguel Vázquez, Fandiño, Álex Fernández, Hugo Soto, Óscar M, Carlos, Javi Domingo e Moncho.

Gonza optaría polo 11 de inicio formado por Cortegoso, na portería, Samu, Yago, Alberto Suárez, Comis, Davicin, Félix, Martin, Guille, Iano e Mario.

Logo do tanteo inicial por parte dos dous bloques para ver que sen facía co control do esférico o CD Choco iría comendo terreo até xogar completamente na área rival. O bloque sólido na defensa evitaba o avance dos locais hacia a portería defendida por Cortegoso. Os choqueiros comezaban dando un aviso cun bo contragolpe de Davicin que buscaba o pase a Martín que se atopaba so díante do porteiro pero a xogada foi interceptada por un defensa local que evitaba a ocasión redondelana.

As malas novas chegaban no 14 tras as molestias musculares de Davicin que obrigaron o cambio entrando no seu lugar Nelson.

Os achegamentos do Ribadumia chegaban a balón parado ben de falta o dende o saque de esquina pero sen maiores problemas para Cortegoso.

Na mitade da primeira parte o dominio do CD Choco era evidente. Os de Gonza insitían na portería de Roberto Pazos en busca de adiantarse no marcador. Nelson, Iano e Alberto Suárez terían ocasións para adiantar os seus pero o balón, sempre caprichoso, resistíase a cruzar a línea de gol.

E como sempre soe pasar, na única ocasión clara do equipo local chegaría o primeiro tanto do partido tras o saque dunha falta lateral xogada ao punto penalti que remata Miguel Fernández por enriba de Cortegoso. Corría o minuto 44.

Aínda así o CD Choco non baixou a garda e seguiu insistindo na portería de Roberto Pazos tendo a última ocasión do primeiro tempo antes do tempo de lecer.

FINAL DA PRIMEIRA PARTE: CD RIBADUMIA 1- 0 CD CHOCO

Tralo paso por vestiarios, a tónica da primeira parte repetíase nos primeiros minutos deste segundo tempo. Tralo saque inicial, o CD Choco tería a primeira cun centro de Martín Rafael a Iano quen non chega o remate por moi pouco. Iano de novo tería de novo unha ocasión e tras ésta Martín y Nelson terían nos seus pés o empate. Pero como quen a segue a consegue, Martín Rafael, que firmou un bo encontro marcaría un golazo que robaría o aprauso dos siareiros que se achegaro ao Campo de A Senra. Tras robar o esférico en medio campo foise de todos os rivais e cun tiro certeiro marcaría o gol do Choco que empataría no minuto 65.

O dominio era choqueiro, pero a alegría deste tanto duraría pouco pois un minuto despois Hugo Souto adiantaría aos seus dende o punto de penalti.

Co 2-1, non só o marcador ía en contra dos intereses choqueiros senón tamén o tempo que parecía correr demasiado de presa. Aínda así os de Gonza non daban ningún balón por perdido e moito o menos o partido. Pero as ganas e a ansia a veces xogan en contra, como foi no caso choqueiro que empezaron a precipitarse o que propiciou un desorden en ataque que dificultaban á creación de ocasións.

FINAL DO PARTIDO: CD RIBADUMIA 2-1 CD CHOCO