O gol de Guille, na primeira metade, e de Mario, no inicio da segunda dan 3 puntos valiosísimos ao equipo choqueiro

O CD Choco suma tres novos puntos tras vencer a domicilio contr o UD Atios por 0 goles a 2.

O tanto de Guille no minuto 31 tras un zapatazo coa izquerda e o de Mario no 50 tras unha xogada de falta executada por Óscar Gil fixo xustiza a un partido con dominio de xogo e do marcador da escuadra redondelá.

O Cd Choco comenzaba o encontro con Cortegoso baixo paos, Elías, Aberto Suárez, Comis, Caloi, Davicin, Antón, Guille, Iano, Óscar Gil e Mario. Aínda que tamén disfrutarían de minutos Samu, Fran Monroy e Doval.

Por parte do UD Atios, o equipo local, saltarían ao campo con Diego, na portería, Sombri, Estefan, Jony, Kopa, Cora, Sergio Paz, Toti, Pacheco, Mintegui e Javi. Xa na segunda metade tamén xogarían Coel, Marcos, Mota, Codilo e Cristian.

Os de Gonza tras un minutos de inicio de tanteo nos que os do Atios cerraban os espacios impedindo o xogo do Choco esperaron con paciencia o momento de morder e foi entón cando chegou o primeiro tanto. Ata entón poucas foron as ocasións creadas por ningún dos dous bloques, sendos o equipo local o que máis o intentaba dende o saque de esquina. Ata que no 31 chegou o primeiro tanto do partido. Nunha contra na que tralo primeiro tiro de Comis dende o lateral izquerdo saca Diego e no rexeite o intenta Óscar Gil dende dentro da área sen sorte. O segundo rexeite sería aproveitado por Guillermo de Franco, Guille, que sacou a súa mellor versión cun tiro coa izquerda non perdoa e sube o primeiro da tarde.

4 minutos despois Jony intentaría igualar o partido pero Cortegoso impide o tanto cunha boa intervención. Sendo a última ocasión desta primeira parte para o CD Choco pero non foron quenes de aumentar a ventaxa no marcador.

Salientar que o xogador Mou que estaba no banquillo foi expulsado con cartón vermello por protestar.

Final da primeira parte: UD Atios 0-1 CD Choco

 Tralo paso por vestiarios, o dominio do CD Choco foi total, Un equipo serio que proponía en intentaba crear ocasións de peligro entrementes o UD Atios que non propoñía xogaba balóns en longo.

No 50 nunha acción a balón parado chegaría un novo tanto choqueiro, unha falta executada por Óscar Gil é rematada por Mario, subindo así o segundo do partido.

A partir deste segundo tanto o Choco quería resolver o encontro e o intentou por medio de Fran Monroy e Davo cun man a man co cancerbeiro local e unha vaselina que se encontrou coa madeira, pero o luminoso non se moveu até que o árbitro pitou o final do encontro.

Nesta segunda metade sería expulsado o entrenador local, Jose Tizón.

Final do partido: UD Atios 0- 2 CD Choco

Fiel ao seu estilo de xogo o Cd Choco suma tres novos puntos que lle manteñen aínda con opción de pensar máis aló da ansiada permanencia, aínda que dentro do vestirario só pensan no obxectivo inicial desta tempada. Unha mezcla de bos momentos, cun tratamento do balón exquisito no seu caracterísitico xogo combiantivo deron a victoria antes do parón desta fin de semana na que se disputarán só os partidos aprazados.