O xogador incorpórase á disciplina de Gonza despois de militar a primeira volta desta tempada no UD Ourense.

O CD Choco presenta á derradeira incorporación desta tempada. Trátase de Gabriel Jarcome Rodríguez que provén do UD Ourense onde militou atá o final da primeira volta. O xove xogador é lateral esquerdo, unha posición que non tiña cuberto “non tíñamos un xogador específico nesa posición e penso que Jar ten o perfil que andábamos a buscar fai tempo”, coméntanos Gonza quen engade “é un xogador moi xoven que está buscando minutos e cremos que nos vai sumar moito durante á semana e o fin de semana”. Esa búsqueda de minutos foi o motivo principal deste cambio e así nolo recoñece Jar “a partir da cuarta xornada deixei de ter minutos por decisións técnicas, que non xuzgo, e foi por isto polo que tomei a decisión” aínda así no foi unha decisión doada “deixar o equipo do que eres, aínda que se fundase fai pouco, non foi unha decisión sinxela pero gustoume a proposta do Choco e encantado de estar aquí”.

O técnico choqueiro recoñece que andaba a buscar un xogador “capaz de xogar en campo rival, que incopore moito que teña recorrido e penso que Jar ten ese perfil; vamos a darlle tempo para que comece a sumar o antes posible”. Pero quizáis sexa o propio tempo do que se carece, pois non hai que esquecer que esta semana entramos na xornada 21, mais “ao final o mercado de invernos é así”, acláranos Gonza “e sempre hai esas dúas semanas de adatación para o xogador ao novo club e a idea que ten o equipo”. Obviamente o ideal sería que esta adatación fose o máis apresa posible pero “dándolle tranquilidade ao xogador”.

Jar adestrará 3 días desta semana co equipo choqueiro, dous deles xa van aló, nesta tarde participará no derradeiro antes do choque contra o Rápido de Bouzas. O novo xogador xa coñeceu o vestiario e coméntanos que “acolleronme moi ben. Sentínme moi cómodo dende o primeiro momento. Xa coñecía a Martin Rafael dalgún adestramento coa Selección Galega sub-16 e sub-18

Gonza amósase moi contento co equipo que ten “porque creo que todo o mundo está contando e chegamos ao tramo final da tempada cun número importante de xogadores e cun ritmo alto de adestramento; agardo a que esto non baixe até o final  porque aquí está o secreto para sumar a maior parte dos puntos”.