O xogador amosábase moi contento no día da súa presentación.“Recomendo á xente que soñe ao grande”

En tan só un ano, o novo dorsal do CD Choco pasou de xogar nun equipo de barrio a competir en Terceira División. “Recomendo a xente que loite e se esforce polas cousas que quere; pero sobre todo que soñe ao grande”; comenta Álex Doval na súa presentación. O xoven xogador non é descoñecido para a familia choqueira xa que a tempada pasada militou no Xuvenil Liga Nacional sendo, por tanto, un dos artífices do hito do ascenso a División de Honra. De feito, tan só Doval e Figeroa serán os dous únicos xogadores que, rematada a súa etapa como xogadores xuvenís por tema de idade, xogarán co sénior esta tempada; feito ao que lle quita importancia “sí, Álex mais eu somos os únicos que estamos no equipo mais penso que eso dependeu do gusto do adestrador e das necesidades de cubrir certas posicións, porque realmente merecíamolo todos”.

Doval chega ao primeiro plantel conscente da dificultade para entrar nos plans de Gonza “sei que o teño moi difícil pois ao final non deixo de ser un xuvenil fronte a uns xogadores con moita experiencia” aínda así a súa filosofía de vida non lle permite deixar de intentalo “hai que medrar fronte as adversidades que son as que che fan que te esforces máis, así que eu vou a dalo todo para axudar ao equipo e para estar o máis presente posible”.

Álex fixo a pretempada co Sénior y seguía adestrando con eles “eu seguín dando todo de min en cada un dos adestramentos, coma se fose xa xogador”, sen embargo co paso das xornadas parecía que o dorsal número dous quedaría baleiro polo menos até o peche do mercado invernal máis Doval recibiu a chamada do mister dicindo “que contaba conmigo para o equipo porque o merecía” e o xoven xogador estolou de xúbilo porque “non mo esperaba”.

Por eso Doval non dubida e aproveitar esta tempada para “seguir crecendo como xogador e continuar aprendendo”. Dende que aterrizou o ano pasado en Redondela a tempada supuxo un continuo aprendizaxe, “ao vir dun equipo de barrio o cambio foi enorme tanto a nivel futbolístico como a nivel persoal; foi unha moi boa experiencia”. E foi aquí onde se atopou con “un irmá”, que hoxe convértese en compañeiro de equipo pero que até entón foi o seu adestrador, Alberto Suárez, “axudoume dende o primeiro minuto e mostrou moita confianza en min” e por iso concibe o feito de que este ano sexan compañeiros “como una engadido máis ao disfrute de poder xogar na Terceira, Alberto é amigo así que moi contento por compartir equipo con él”.

Doval finaliza a súa presentación agradecendo ao club porque “sempre me trataron moi ben. Estou moi feliz de continuar aquí”.