Un gol no minuto 86, obra de Fernando, da a vitoria ao CD Pontellas

Partido apático foi o que se viviu esta xornada no campo de San Campio no que  se enfrontaban o CD Pontellas e o CD Choco. Un partido que ben valeria un empate máis os locais obterian a recompensa dos tres puntos da xornada. E que tamén a sorte hai que tentala.

Empezaba o partido con Aron na porteria local xunto co Pablo, Chisco, Miguel, Javi, Yago, Alberto, Sancho, Gullon, Ianes e Berni.

Por parte do CD Choco o habitual baixo paos, David Cortegoso, estaria acompañado por Yago, Elias, Guille, Anton, Caloi, Samu, Davo, Félix, Iano e Óscar. Ainda que tamen disporian de minutos no segundo tempo Martin e Comis.

Logo dos minutos iniciais co tanteo típico de todolos comezos parecía que o equipo choquiero empezaba a levar a iniciativa do partido mais non era capaz de crear verdadeiro perigo na area local aunque chegaba con mais asiduidade que o equipo porriñés. Pola outra banda, estes tampoco eran capaces de alcanzar a porteria de Cortegoso convertendo os minutos en continuas idas e venidas pero sin perigo aparente para ningún dos intereses de ningun dos dous bloques… E asi comezaba e asi remataba o primeiro tempo sen goles no San Campio.

Final do primeiro tempo: CD Pontellas 0-0 CD Choco

Logo do tempo de lecer a historia se repetoa nos primeiros intres e como ben pudimos ver ate o final fo partido. Si que é verdade que os de Gonzalo Fernández chegaban mais facilmente a porteria do Pontellas pero non eran quenes de finalizar con consistencia quedando cada tiro nun mero intento. Félix, Anton, Oscar e Comis ben puideron rompela saca o seu favor pero non foron capaces de atinar o esférico na rede porriñesa.

O equipo local tivo unha moi clara no minute 50 no que nun cara a cara con Cortegoso tira o coiro alto. Logo no 60 terían outra boa ocasión pero o largueiro interporíase entre o xogador e o gol. Logo destas duas xogadas era o CD Choco quen insistía na porteria local mais serían os éste quenes nunha contra marcarían o único tanto do partido, no 86.

Os últimos minutos do encontro foron unha auténtica locura, entrementes os locais intetaban perder o tempo nos saques os choqueiros intentaban gañalo máis nada puideron facer e sumaron a súa segunda derrota no que va de tempada.

Final do partido: CD Pontellas 1- 0 CD Choco.