Un Bergantiños máis resolutivo se leva o partido por 2-1, no que se anulou un gol a Yeriai por un dubidoso fóra de xogo.

Chegaba o CD Choco a Bergantiños coa mentalidade e a ilusión de continuala suma de 3, para pór o broche final a unha moi boa primeira volta. Pero acontece que ademáis de xogar ben hai que ter a efectividade para meter as ocasións creadas e non foi o caso.

Nun partido no que o plantel redondelano dominou o xogo, tivo a posesión do balón e imprimiu o ritmo do partido non foi quen de materializar algunhas das chegadas á portería de Christopher.

Christopher que saltaba ao campo xunto con Toni, Aaron, Antonio, Iago López, Agullo, Cano Diego, Duque, Borja Cabanillas e Yelco. Logo xa no segundo tempo terían tamén minutos Vela, Remeseiro e Rubén Riveira; sendo estes os xogadores elexidos por Borja Facal para o choque de decimonovena xornada.

Gonza, pola súa parte, elixiría como 11 de inicio a Cortegoso, baixo paos, Yago, Mario, Alberto Suárez, Vitra, Sergio, Yerai, Monchito, Adrián, Félix e Martin. Tamén lle daría minutos a Tomás, Edu Otero e David.

O choque comezaba cun Choco indeciso nos primeiros toques do partido o que facía que os locais chegaran con facilidade á portería de Cortegoso pero sin peligrosidade para os seus intereses. Mais foi nestes minutos iniciais cando chegaría o primeiro tanto do encontro que chegaría cunha xogada a balón parado, máis concretamente dun saque de esquina que remataría Agullo de cabeza, introducindo o balón nas redes defendidas por Cortegoso.

Mal inicio para o equipo redondelano que fixo que a súa esencia reaparecese tralo tanto co seu bo xogo combinativo co bo trato de balón collendo a batuta dun partido na que as ocasións comezaron a sucederse pero sen obter premio por elo. A primeira máis clara dos minutos iniciais a tería nos pés Martín que hoxe tería unha moi boa actuación durante todo o encontro. Logo sería Yerai que probaría sorte pero o balón se iría alto.

No minuto 27 Iago López sería o artífice da derradeira xogada clara do seu equipo neste primeiro tempo, pero o largueiro entrepúxose entre o xogador e o gol, para sorte do equipo redondelano. Logo foi o plantel dirixido por Gonza quen atosigase o rival con bos ataques pero sen a sorte de materializar ningunha das súas chegadas ao área bergantiña.

Final do primeiro tempo Bergantiño CF 1- 0 CD Choco

 Logo do tempo do recreo, un Choco máis enchufado comezaría avisando cun tiro de Félix que atrapou Christopher para mágoa dos siareiros redondelanos que se achegaron a Bergantiños a alentar o seu equipo. Un Choco que volvería a impor o seu xogo. Yerai e Martín eran os artífices das ocasións máis claras. E cando máis apretaba o Choco, chegaría o segundo tanto dos locais, nunha contra logo dun tiro de Félix que se vai alto. Rivera, sería o autor do tanto, subindo o 2-0 ao marcador.

Oito minutos despois, no 86, Sergio Santos reduciría distancias logo dun tiro que bate nas cosas Christopher, sen poder facer nada para evitar o primeiro tanto choqueiro. E xa sobre o tempo regramentario, Yerai cun tiro certeiro marcaría o segundo pero o colexiado optou por anulalo ao considerar que o xogador estaba en fóra de xogo. Xogada dubidosa que propiciou as queixas da bancada da afición de Redondela.

A última ocasión da tarde sería de novo para o equipo de Gonza tras unha falta a tres cuartos do campo pero que non puideron materializar nun tanto que lles permitise salvar ni tan siquera un punto.

Final do partido: Bergantiños CF 2- 1 CD Choco