Os de Gonza impuxéronse por 4 goles a 0 no Santa Mariña

O equipo Sénior de Terceira División pecharía esta tarde a súa axenda de amigables típicos das pretempadas con unha contundente vitoria ante outro equipo que milita na mesma categoría, o CD pontellas.

Nos primeiros intres do encontro as idas e venidas a sendas áreas rivais se sucedían constantemente aínda que era o equipo de Gonza quen realmente creaba situacións de Gol. De feito, Martín Rafael tería a máis clara desta primeira parte pero o esférico sempre caprichoso non quixo entrar ni no rexeite do primeiro tiro. O CD Choco, aínda que lle costou, fíxose co dominio do partido e insitía na portería do equipo visitante. Iano e de novo Martín terían ocasión de adiantar aos seus máis non foron quenes de materializar as ocasións creadas.

Sería Félix Rial quen, con case o tempo esgotado, marcaría o único tanto que permitiría aos choqueiros irse a vestiarios con un gol de ventaxa.

Final da primeira parte: CD Choco 1- 0 CD Pontellas

 Logo do tempo de recreo a tónica da primeira metade repetíase. O Choco levaría o peso do partido e iso se reflexaría no marcador que pronto cambiaría de díxitos, pois no 56 Martín Rafael faría o segundo para os seus.

O partido ía aumentando de ritmo e intensidade co paso dos minutos. O Pontellas intentaban crear perigo na portería de Cortegoso mentres que o plantel redondelá facía o propio na contraria. Parecía que o 2- 0 ía ser o resultado definitivo mais no 75, recén entrado no campo, Óscar Gil marcaría o terceiro arrancando os aplausos dos siareiros asistentes xa que logrou a diana cun tiro certero dende fóra do área.

Pouco tempo deispois sería Berni que marcase o cuarto tanto definitivo, sendo 4-0 o resultado final do partido previo á competición ligueira.

Final do partido: CD Choco 4- 0 CD Pontellas