1-0 foi o resultado final dun partido no que os de Gonza mereceron moito máis. Ata dous goles foron anulados ao plantel redondelano.

Unha xornada máis a choiva adquiría o protagonismo da xornada, condicionando un partido no que o estado do terreo de xogo impedía a boa circulación do balón. Ambos equipos o sabían e tiñan que duplicar esforzos para realizar o seu xogo.

Saltaban no once de inicio por parte do UD Somozas, Marcos, na portería, Belli, Ramses, Ruchi, Manu, Juanito, Juan Martínez, Uzal, Chacón, Juanma e Nuño. Tamén diporían duns minutos na segunda metade, Eloy e Marcos Mella.

Por parte do CD Choco Cortegoso, baixo paos, Monchito, Diego, Vitra, Aitro, Alberto Suárez, Comis, Adrián, Félix e Sergio Santos, serían o once elexido por Gonza. Aínda que tamén tería a oportunidade de xogo Martín e Tomás Abelleira.

Nun partido que comezou con idas e venidas sen ocasións claras por ningún dos bloques, pouco a pouco os choqueiros comezaron a obter a posesión de balón facendo un xogo combinativo que lle permitía achegarse a área rival creando ocasións de gol que non atinaban a rematar dentro da rede.

A primeira máis clara nos minutos iniciais, no sete máis concretamente, sería para o plantel vermello tras un saque de esquina a cuxo remate chegaría Alberto Suárez pero sen resultado positivo para os intereses choqueiros, xa que a boa intervención do gardameta local, Marcos, troncaría as intencións dos redondelanos. De feito, quizá polas condicións do campo, a maioría das ocasións chegarían de xogadas a balón parado.

Estábamos nuns minutos nos que os choqueiros o intentaban sobre a portería rival entrementes os contrarios aproveitarían algunha contra sen maior contratempo para o gardameta Cortegoso. No minuto 32 a voz dos siareiros redondelanos enmuedeceríanse trala decisión arbitral de anular o gol de Félix por fóra de xogo.

Parecía que o tanto dos de Gonzalo estaba máis preto. De novo, Adri e Félix serían os artífices dunha bonita xogada que a piques estivo de terminar en gol, pero sen embargo rematou nunha contra local perigosa que puxo en apretos a portería do Choco. Co empate a ceros no luminoso chegaríase o final da primeira metade.

FINAL DA PRIMEIRA PARTE: UD SOMOZAS 0-0 CD CHOCO

Tralo paso por vestiarios, os bloques daría o comezo dunha segunda metade, na que se repetía o patrón da primeira. Dez minutos tiveron que pasar para que os locais chegasen a portería de Cortegos aínda que as xogadas máis numerosas para os choqueiros volverían a chegar a balón parado.

De feito, novamente, a decisión arbitral de anular o gol por un dubidoso fóra de xogo, neste caso de Adrían no remate dunha xogada de falta iniciada por Sergio Santos ao comenzo deste segundo tempo troncaría as posibilidades de ir por diante do marcador, o que ben podería cambiar o transcurso do encontro. Corría o minuto 47.

Así as cousas, tiñase que seguir remando pois quedaban por diante 43 minutos para poder facturar algún dos puntos en xogo. Félix, Martin ou Aitor serían algúns dos que buscaban o tanto choqueiro insistindo máis nos derradeiros minutos logo do tanto local que chegaría no minuto 79 nunha xogada embarullada na portería de Cortegoso.

Martín, tería o empate nos seus pés sendo esta a derradeira xogada do encontro no que o CD Choco vaise coas mans vacías pero co merecemento de moito máis.

FINAL DO PARTIDO: UD SOMOZAS 1-0 CD CHOCO