Festa de goles en Santa Mariña nos que o plantel vermello golea ao Alondras CF (6-1) nun partido cuxo ton emotivo o puxo o regreso de Davicin na segunda metade logo de case un ano en dique seco e o fixo como sabe con gol.

Se esperaba un encontro competido no Santa Mariña. As 17.00 horas daba comezo o partido entre o CD Choco e Alondra CF, sexto e sétimo clasificado respectivamente.

Dispostos no campo, Gonza elexiría como 11 de inicio a Cortegoso, baixo paos, Mario, Aitor, Yago, Vitra, Caloi, Yerai, Sergio Santos, Adri, Félix e Tomás.

Jesús A Fernández elixiría para o seu 11 a Ayoube, Javi, Arnosi, Abel, Mauro, Marwan Elabboubi, Jesús Varela, Luismi, Jonás, Cora e Agujetas.

Comezaba o encontro cun tanteo incial nunha pugna por facerse co control do mesmo. Se ben parecía que pouco a pouco os de Cangas tentaban a sorte na portería de Cortegoso entrementres os redondelanos non se encontraban cómodos no campo. E como quen a busca a consegue, Luismi adiantaría aos seus no minuto 13.

Lonxe de virse abaixo o plantel vermello plantouse, tirou de esencia e empezou paseniño a facerse co dominio do encontro. De feito, aínda que non se esperaba a remontada estaba a chegar. Mais antes diso vhegaría o empate firmado por Félix logo dunha xogada cobinativa entre Tomás, Yerai e o propio goleador. Un gol pola escadra que igualaría de novo o partido no luminoso. Contaba o minuto 20 e cinco máis tarde Yerai, rompería a saca a facor dos seus tras aproveitar o rexeite do tiro inicial de Adri. Co 2-1 no luminoso, os de Gonza xa dominarían ao completo un econtro nos que os cangueses sólo conseguían ocasionar perigo a balón parado, tendo algunhas ocasións nas que a intervención de Cortegoso as deixou en meros intentos.

O Choco parecía non conformarse e seguía creando perigo con boas contras mais no 32 Tomás subiría o terceiro e último desta primeira metade cun tiro que bateu nun defensa do Alondras que terminou dentro das redes.

Co 3-1 chegaría o final desta primeira metade para goce de tódolos siareiros que se achegaron a Santa Mariña.

Final da primeira metade: CD Choco 3- 1 Alondras CF

Tralo paso por vesitarios, comezaba a segunda metade co saque de centro do equipo rival que xa avisaba na súa aproximación a portería de Cortegoso que deteu sen problema.

Logo era Yerai quen buscaría a Adri que se atopaba dentro da área mais este non chegaría ao esférico. E Adri sería de novo o protagonista da seguinte xogada tendo o cuarto nos seus pés pero non tivo a sorte do atino. O CD Choqueiro seguía a mandar no campo, aínda que os goles non chegaban nos primeiros minutos desta metade.

Os xogadores choqueiros querían e se merecían ampliar o resultado e tentaban a sorte na portería de Ayoube até que no 54 Adri subiría o cuartos para a conta do seu equipo.

Aínda que restaba moito tempo para o final do encontro, parecía que todo xa estaba dito mais non baixaron a garda e seguiron loitando con moita seguirdade cada balón dividido.

O momento máis emotivo chegaría co derradeiro troco nas filas choqueiras nas que ingresaría no campo Davicin logo dun ano en dique seco tras unha lesión.

No 77 de novo Félix deoxaría a súa seña de identiade no sexto da tarde, quinto para o seu equipo e segundo na súa conta persoal. Batindo a Ayoube sen piedade nun cara a cara. Restaban 13 minutos para o final e os siareiros seguían a disfrutar do encontro polo bo xogo dos seus.

No 83 Davicin viviría o regreso non seis se soñado pero al menos esperado marcando un gol de penaltie cuxos compañeiros non dubidaron e cederlle o tiro. Aínda que o tivo que repetir por decisión arbitral Davicin non errou e batiu a Ayoule sen piedade subindo o sexto e definitivo gol para o Choco.

Final do partido: CD Choco 6´-1 Alondras CF